MDP: Movemento pola Decencia Política
Contoumo Sulema, hoxe pola mañá, mentres viaxabamos cara a Monforte. Faloume dunha xente que está lago máis que farta de que a clase política goce duns privilexios que o resto dos mortais non posuímos. Esta xente seica empezou a tomar a iniciativa. Non están inscritos en rexistro de ningún tipo nin se lles coñece ( nin Sulema nin eu llela coñecemos) actividade previa. Mais cáenme simpáticos, representan unha iniciativa sa, anovadora e xusta. O seu labor consiste en non calar fronte aos abusos. Expoñen fotocopias de informacións que determinados medios censuran ou tervixersan. Sulema contoume, pro exemplo, que fan fotocopias do artigo no que se denuncia que Feixó usara un coche e non pagara ( nin el nin o PP) impostos e aínda por riba saltándose o regulamento do propio Parlamento Galego. Imaxino que deben ser deste estilo, ou como esta, ou como esta, ou como esta inclusive. En fin, onde escoller hai. Cada vez que saen da casa levan con eles dez fotocopias e péganas onde poden ou queren, poñendo no pé ou na cabeceira Movemento pola Decencia Política.
Caénme simpáticos, si. Inclusive eu podería formar parte dese movemento, porque tamén o teño feito, pegar cousas así. O malo é que como non teñen razón social nin rexistro cousa que se lle pareza, pois un non pode pedir o seu ingreso.
Porque é verdade, e maneira de demostrar o descontento popular xa non só pola actitude desa xente ( os demais curritos a ver se temos o que hai que ter para non pagar…) e áinda por riba preséntanse a prsidentes da Xunta…
Ou xa me poderei dar por ingresado polo feito de realizaren unha actividade que eu tamén teño levado a cabo?
Descoñezo o nivel de organización co que contan. Seguramente son grupos illados, autónomos e sen conexión entre si.
Porén, non deixo de pensar no que pasaría se cada un de nós nos poñemos e facemos o mesmo.
Seguro que habiamos estar máis e mellor informados, e menos frustrados.
Non hai comentarios
Aínda non hai comentarios.
Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI
Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.