a musa e a autoestrada
Por como pasan as cousas tócame ler Peaxes, de Santiago Lopo, novela breve que edita Xerais. Xa empecei esta bitácora escrita nos tempos mortos, entre coche e coche, que pasan pola peaxe na que traballa o protagonista central da novela. Miratí, De catro a catro, esa marabilla de Manuel Antonio, tamén foi escrito nos tempos mortos. Porén, o título que me vén á cabeza é O alento da musa, de Alberte Momán, que a Difusora publicou no 2007. Se a novela breve de Santiago Lopo comparte coa poemario de Manuel Antonio esa referencial composición nos tempos mortos, co singular libro ( unha, tamén breve, novela acompañada dun poemario: «Déixanse levar») de Alberte Momán comparte o feito de que as duas homenaxean profesións estáticas (a caixeira de súper, Momán, e cobrador de peaxe, Santiago Lopo) que ven pasar por diante moita xente, coa cal dispoñen de moi pouco tempo para relacionarse. É dicir, son tamén literatura conta a soidade.
Antes denominei a novela de Santiago Lopo como bitácora, e abofellas que lle acae moi ben. Tanto polo feito de ser a novela o caderno de bitácora da vida do protagonista central. Como polo posíbel parecido coa escrita na bitácora dos tres www.
Veremos tamén o que ten de novela on road . De momento o que si podo dicir é que ten moita música, pois o protagonista fíxase nos son que do receptáculo sobre catrro rodas lle entranpola fiestra cobradora, e e ese é un dos criterios que emprega para identificar, para caracterizar, os clientes habituais.
Quen leva música do Fary? Quen de camela? Quen escoita ocusas de triunfitos? Quen escoita o Nabuco ? Cal deles gasta rastas? Quen é do Dúo Dinámico ? Porque tamén hai que só escoita a radio ?
Definitivamente, das novelas con máis música que teño lido. O autor, está claro que no da música está posto, aquí unha pinga de proba.
Para a maioría do público o seu é u nome novo, velaquí a súa bibliografía, tirada de Unión Libre, que tamén é o creador da súa páxina web.
Entra ben, quero dicir que interesa pronto, que axiña te engancha. Contareilles máis.
(790 feeds, onte, o número é grande abondo, aínda que non sei moi ben a trascendencia…)
Non hai comentarios
Aínda non hai comentarios.
Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI
Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.