ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Abril, 2009

Vento de sal, adianto da crítica ou evolución e felicidade

Posted: Xoves, Abril 30th, 2009 @ 3:27 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Vento de sal, adianto da crítica ou evolución e felicidade

que onte enviei a A Nosa Terra. Van o segundo e cuarto parágrafos. Vento se sal é fiel á fotografía da poesía actual, atormentada na súa forma inconstante e tamén no contido vomitado, querido e expulso. Conta cun deseño editorial que indica dúas partes. “Sombra do meu corpo”, na cal a viaxe introspectiva aludida será […]

moral de derrota

Posted: Xoves, Abril 30th, 2009 @ 10:15 a.m. in CARA ADIANTE, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 4 Comments »

Nin a min nin a moita máis xente lle presta nada-nadiña a moral de derrota instalada no PSdG-PSOE e no BNG. A ver, o PP nunca aceptou a derrota de hai catro anos. Quen ten carácter de vencedor non acepta nunca unha derrota. Hai que recoñecerlle esta virtude. A sociedade nota ben, claro e forte, […]

como xear o tímido sorriso de Feixó

Posted: Mércores, Abril 29th, 2009 @ 3:05 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en como xear o tímido sorriso de Feixó

A ver, rapás, pensa ben o que fas, responsábel da campaña política máis suxa xamais coñecida, chérif da Xunta Galiciana: medita, total por unha vez… QUE PASARÍA SE SÓ UN DOS 37 QUE TE ACOMPAÑAN FORA SEDUCIDO POR  UNHA OFERTA DE CALQUERA DOS OUTROS 37???? dígocho a ti, porque todos sabemos o comportamento do PP […]

hostias ao crítico, que é de goma…

Posted: Mércores, Abril 29th, 2009 @ 9:55 a.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | 5 Comments »

Para algúns autores, máis ou menos mediocres, que non a todos lles chove pola mesma auga, eis un tema recorrente, cando se senten cegos de inspiración ou temas que os chamen…pois alá, a meterse co crítico. A meterse co crítico, que total, sonche tan de seu que non han levantar moito a cabeza e quedarán […]

Carla Bruni, Elarbi El Harti, a filosofía da resignación e a rebeldía de Deus

Posted: Martes, Abril 28th, 2009 @ 3:15 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Carla Bruni, Elarbi El Harti, a filosofía da resignación e a rebeldía de Deus

Resumindo. Mabruk era un comerciante fillo de comerciantes dunha familia que sempre traballara na mercadoría. Mabruk, amaba o seu mercadear, pois levábao por terras e silencios que espertaban nel a sede do autocoñecento e necesidade de dar grazas a Alá pola sorte de vivir e vivir como vivía e onde vivía. Casou, xa tarde, con […]

Máquina de guerra, e un tópico na poesía máis actual.

Posted: Martes, Abril 28th, 2009 @ 10:45 a.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Máquina de guerra, e un tópico na poesía máis actual.

O libro que esta semana me ocupará, Máquina de guerra, de Raida Rodríguez, atoparano  vostedes aquí. Ver que é o que fan, e como o fan, as novas voces, sempre foi unha das miñas debilidades. Nesta ocasión, por riba, desde unha editora virtual. Un tempiño atrás xa falei nesta Ferradura do Manual da destrucción, a […]

o burro e a albarda

Posted: Luns, Abril 27th, 2009 @ 6:28 p.m. in LINGUA | 2 Comments »

Chama a atención que un triste profesoriño de medias arme tanta revolución. Andrés Freire. Quen é este tipiño que  pariu aquilo de “tan gallego como el gallego” , núcelo orixinario dos da lingua bífida, que andou tamén cos “Vigueses por la libertad”, amiguísimo dunha tal Cristina Losada, á súa seguidora e servidora de Federico Jiménez […]

Chus Pato e a poesía do século XXI

Posted: Luns, Abril 27th, 2009 @ 10:14 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Chus Pato e a poesía do século XXI

Medio  e medio do ambiente poético que estes días está a protagonizarme  o matinar, teño coñecemento da concesión do Losada Diéguez a Chus Pato e a Camilo Nogueira. Parabéns moi merecidos para os dous. Alédame especialmente o de Chus, xa non polo que significa para a obra e autora, que tamén, mais neste caso quero […]

se non soñas é que estás morto

Posted: Domingo, Abril 26th, 2009 @ 10:28 a.m. in CARA ADIANTE | Comentarios desactivados en se non soñas é que estás morto

Onte aos poucos foi 25 de  Abril 25 de Abril eu sempre lembro o Zeca Mediodía de sol, melodía de dor Mais para nada vou deixar que a metralla racional abáfeme o dentro que bate EN PÉ Que um dia rirá melhor quem rirá por fim Na curva da estrada à covas feitas no chão […]

vento de sal, subliñados de ribeira e algo máis

Posted: Sábado, Abril 25th, 2009 @ 11:00 a.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en vento de sal, subliñados de ribeira e algo máis

ALGO MÁIS Ás veces non son precisos equilibrios pirotécnicos para lograr unidade, coherencia, entre partes que a priori semellan de contidos ben dispares. Como aquí, estruturado en dúas partes , a de esculca interna e a de esculca extrovertida ou de proxección da análise cara fóra, cara a sociedade. Dúas partes, “Sombra do meu corpo”, […]