ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Maio, 2009

propósitos para hoxe

Posted: Domingo, Maio 31st, 2009 @ 10:48 a.m. in CARA ADIANTE, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en propósitos para hoxe

1) Non ir á misa, non perder o tempo. 2) Seguir reclamando a dimisión do Valedor. 3)Procurar pensar que aínda hai esperanza de que Anxo Lourenzo non vaia ser outro nefasto Director Xeral de Política Lingüística. O PEOR. 4)Xogar ao fútbol con Darío. 4)Unha boa enchenta de polbo con patacas. 5)Comezar unha nova lectura ( […]

Dimisión do Valedor: XA!

Posted: Sábado, Maio 30th, 2009 @ 10:34 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Dimisión do Valedor: XA!

Súmome  á petición da MNL. O Valedor ten sido tan parcial que, se tivera un mínimo de vergoña, dimitiría xa sen que ninguén llo pedira. Aquí, nesta Ferradura, temos comentado abondo sobre as parcialidades do Valedor. Que máis ben é DES-valedor. E se xa con anterioridade foi extraordinariamente parcial, a denuncia de Carlos Callón vai […]

Galicia Bilingüe e a idiotez permanente

Posted: Venres, Maio 29th, 2009 @ 4:28 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 4 Comments »

Veño de recibir o último número de ANT (1361), nel vén unha entrevista, moi interesante, con Peter Kraus, profesor en Helsinki, coñecedor de primeira man da realidade finlandesa que tamén está ao tanto da realidade española, a súa nai é catalá, el é profesor de Relacións Étnicas e Nacionalismo na Universidade de Helsinki. Tamén lle […]

SEXO EN SIDECAR

Posted: Venres, Maio 29th, 2009 @ 10:14 a.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | 2 Comments »

Sácame a camisa, érgueme o brazo e pásame a lingua polo sobaco mentres eu temo a data do meu último baño. Despois ponme de costas a ela e mándame estar así. Esta relación dos corpos é nova para min, eu mirando cara á parade e ela detrás. Vai apalpando as costas, nótanchese moito os ósos, […]

canto custa o PP?

Posted: Xoves, Maio 28th, 2009 @ 3:02 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 4 Comments »

Quería escribir de libros, estou lendo o último de Fernández Ferreiro. Mais a actualidade imponme outro tema. Verán, ando para comprar auto novo, en todos os concesionarios que visitei se queixan da Xunta. Ningén sabe que vai pasar coas axudas prometidas. Case saen a reunión por día ou dous días, o que sei da última […]

contra Monsanto e por II

Posted: Xoves, Maio 28th, 2009 @ 9:51 a.m. in CARA ADIANTE, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en contra Monsanto e por II

“A soberbia do ser humano levouno a modificar fondamente o hábitat no que vive, mesmo a crear un hábitat alternativo totalmente artificial e onde o natural só é ornato prescindíbel”. Oístes ou lestes algunha vez cousa semellante? Pois sabede que é mentira. Pois sabede que é mentira porque se me fai excesivo atribuír xenericamente “ao […]

carta a Anxo Lorenzo

Posted: Mércores, Maio 27th, 2009 @ 10:17 a.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

Vai sendo hora de poñer as cartas enriba da mesa, meu señor, e disimúleseme esta entrada tan directa. Verá Hai tempos e tempos, e estes tempos non son os de ficar detrás da mesa do despacho. Se A da Calceta foi unha alegría que marchara, meirande inoperancia non é doado atopala, vostede, Anxo Lorenzo, non […]

sobre a liberdade lingüística, castelán con vaselina

Posted: Martes, Maio 26th, 2009 @ 3:09 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en sobre a liberdade lingüística, castelán con vaselina

Viña para o traballo e na radio ( radio galega, nunca outra ) falaban do capricho do PP de elimina a proba en galego das oposicións. E falou alguén polo CSIF. A manía que lle teñen ao galego é paradigmática. Paradigmática por exemplo porque segundo eles o galego é o único que crea problemas e […]

Fontao e o A polo ghit

Posted: Martes, Maio 26th, 2009 @ 10:10 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Fontao e o A polo ghit

Xa estaban agardando dúas mulleres, pouco pasaba das tres e aínda quedaba máis dunha hora de espera. Botei man do libro, recreeime na reconstrución do Ourense da primeira posguerra. Parara de chover. Pouco tránsito. As dúas mulleres comentaban o raro que era que un luns houbera tan pouca clientela. Despois chegou a nai dunha antiga […]

o desenfado posmoderno, thrillers de Sidecar

Posted: Luns, Maio 25th, 2009 @ 2:43 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en o desenfado posmoderno, thrillers de Sidecar

–Nótase que estamos a principio de mes, di. Enriba da mesa da tel etes un peta feito. Sinto un arrouto de fraternidade, unha visión de ágape. (13) …………………. –Só por iso xa merece a pena vir aquí, confesa César en voz baixa. Fardaría máis do saúdo deste camareiro que do do Che, chegado o caso. […]