ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

o desenfado posmoderno, thrillers de Sidecar

Filed under: CRÓNICA DA CRÍTICA — 25 Maio 2009 @ 2:43 p.m.

Nótase que estamos a principio de mes, di. Enriba da mesa da tel etes un peta feito. Sinto un arrouto de fraternidade, unha visión de ágape. (13)

………………….

Só por iso xa merece a pena vir aquí, confesa César en voz baixa. Fardaría máis do saúdo deste camareiro que do do Che, chegado o caso. O plan aquí é tomarlle unhas birras e facer voyeurismo unha hora. Aí está belle de jour, informa César. Belle de jour, corenta e  poucos, permanente tinguida de negro, un metro sesenta, setenta quilos, olleiras de madre madrone neorrealista vestida de loito. (21)

………………….

EIS DOUS  DOS  SUBLIÑADOS DE SIDECAR, O LIBRO DE  ALBERTO LEMA SON DÚAS HISTORIAS, CALQUERA DAS DÚAS MELLORA, EN MOITO, UNHA PUTA PERCORRE EUROPA, A SÚA ANTERIOR ACHEGA

O FEITO DE QUE FIGUREN AQUÍ SON DOUS. DUNHA POLA POUCO ORTODOXIA SEGUIDA Á HORA DE MESTURAR AS VOCES DIALOGANTES COA VOZ DO NARRADOR. COMO INNOVACIÓN IGULA TEN O SEU AQUELIÑO. PORÉN PARÉCEME MÁIS UN ACTO GRATUÍTO QUE POUCO OU NADA ACHEGA, UN ACTO GRATUÍTO FORTUITO E POSIBELMENTE POUCO MEDITADO. CONSTE QUE INTENCIÓN ME PARECE BEN. CONSTE QUE O FEITO DE QUE O LECTOR OU LECTORA SE TEÑA QUE PREGUNTAR CONSTANTEMENTE QUEN FALA…TAMÉN ME PARECE AXEITADO, POSITIVO. PORÉN, LOGO, PORQUE O PROCEDEMENTO NON ME DÁ ENTRADO? MORRE POLA BOCA. EN REALIDADE TANTO TEN QUEN FALE, NARRADOR OU PERSONAXES, O QUE FAI É CONSTATAR ISO…MAIS ISO TENO MOI CLARO O LECTOR OU LECTORA DESDE O REXISTRO LINGUÍSTICO UNIFORME QUE PERSONAXES E  NARARDOR UTILIZAN. DE AÍ QUE O PROCEDEMENTO O CONSIDERE SUPÉRFLUO.

E DOUTRA BANDA PÓDESE OLLAR BEN A ACTITUDE PREDOMINANTE NAS PERSONAXES, QUE TAMÉN É A DA VOZ NARRATIVA

…………………………..

A xente é demasiado mediocre, polo xeral, tes que tratar de non dicir nada demasiado orixinal para non asustalos. (28)

…………………………..

NON ME DIGAN! SE COMA MIN PODEN ALBISCAR NESTE SUBLIÑADO A IMPRONTA DUN ILUSTRADO- SÉCULO XXI? PENSO: DETRÁS, A area mediocritas.  E DIXEN MAL, NON É A FIGURA DO ILUSTRADO VISTA NO NARRADOR. NON. É A FIGURA, VISTA NA XENTE, A FIGURA IMAXINARIA DO REIXEITAMENTO A QUEN SE MANIFESTA DIFERENTE E CULTO.

…………………………

Quedou con alguén…será un home, unha muller, un hermafrodita? Desboto a idea de seguil a e axexala en plan psicótico-ciumento-garda-civil-retirado

-Tito

-Si?

-Outra birra. Mentres lle quita a chapa di: Estás perdendo facultades, eh? Cun xesto de complicidade excesiva.  (31)

…………………………

OU MÁIS DO MESMO. MÁIS DO MESMO NON. PORQUE AGORA OCÓRRESEME UN FÍO ARGUMENTAL PARA A MIÑA CRÍTICA, UN FÍO QUE  NON VOU SEGUIR SEGURAMENTE, NON PODE UN SEGUIR TODO. MAIS SERÍ A MOI INTERESEANTE. CAL? POIS MIREN, QUE ASÍ DE PRIMEIRAS NON SEI SE ALBERTO LEMA É MÁIS REALISTA OU MÁIS NATURALISTA OU MÁIS COSTUMISTA. PORQUE NO FONDO DA ACTITUDE NARRATIVA ESTÁ ALGÚN DESES -ISMOS OU UN BATIDO DOS TRES CON XEO.

……………………..

Balbino Morrisey, ese son eu (36)

……………………..

AMÁLGAMA DE TODO OU FUSIÓN DEFINITIVA. NÓS COMO RESULTADO AMALGÁMICO DOS QUE FORON

………………………

-O xénero é unha deformación profesional?

-Claro, o xénero é un oficio.

-E cres que a desaprenizaxe é posible?

-Non sei se é posible, pero é obrigatoria.  (64)

…………………………

Querido Mario, o opio é o sexo dos feos.  (66)

………………………….

Fíxeno sobre Foucault que ten algo de demo (71)

…………………………

DEFINITIVAMENTE HAI QUE FALAR DE DESLEIXO NA ESCRITA

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.