ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

sobre a liberdade lingüística, castelán con vaselina

Viña para o traballo e na radio ( radio galega, nunca outra ) falaban do capricho do PP de elimina a proba en galego das oposicións.

E falou alguén polo CSIF. A manía que lle teñen ao galego é paradigmática. Paradigmática por exemplo porque segundo eles o galego é o único que crea problemas e a súa normalización lingüística froito da imposición. Isto, que a normalización lingüística é equivalente a imposición, a mesma idea do PP, resulta especialmente indignante. Vamos, o que sexa regular a normalización lingüística do galego é imposición…e o que sexa permitir ou fomentar a substitución lingüística definitiva da lingua propia polo castelán, iso equipárase a liberdade!!!!

Xa en si a idea só pode saír de mentes enfermas, enfermas de autoodio, desas mentes para as cales sempre será un problema a existencia do galego porque lles lembra a súa orixe. Esta actitude de  transpoñer os seus problemas á lingua…é dun cinismo atroz. Imaxinen que en lugar de galego e castelán falaramos de sexo, macho e femia. Sería entón que os CSIF estarían na categoría dos transexuais…pedindo, para non sentirse culpábeis da súa decisión de abandonar o anterior sexo, a completa elinimación deste!!!!

Para que  non haxa ladróns…matemos os policías. Ou, para que non haxa policías eliminemos os ladróns. Máis inmoralidade non se pode pedir.Tanta inmoralidade nun representante social resulta inadmisíbel, e moito máis nun colectivo sindical.

E o peor de todo é que esa equiparación (castelán: liberdade, galego: problema) fai moito dano á xente de a pé. É unprexuízo que se instala rapidamente na sociedade, nunha sociedade na cal os xuízos simples teñen moito éxito

Un colectivo sindical que di defender so traballadores. A súa argumentación de que se esixa o cenecemento da lingua despois de aprobar a proba selectiva, non semella mal focalizado de todo. Mais parte dese inicial problema de posicionamento en contra do galego. E fai augas por outros lados.

A ver, o CSIF considera que é máis importante defender a liberdade de acceso a un traballo…ou a liberdade que temos os galegos da inmensa sorte de posuír unha lingua máis que o madrileños e facela valer. Que é máis importante, o traballo de catro privilexiados ou a cultura de quen non deu chegado a funcionario, se cadra por padecer unha tremenda persecución lingüística…?

A ver, CSIF, que é máis importante, a liberdade de acceso ao traballo de catro….ou  a liberdade de TODOS de sermos atendidos en galego?

De verdade debemos  sacrificar a nosa cultura para que catro de fóra veñan traballar aquí, e pode que sacarnos o posto de traballo?

De verdade que para iso existe o CSIF?

Pois mirade, cesifos, a vaselina poñédea vós.

A vaselina poñédea vós e agardade.

Agardade sen cansar, que a nós gústanos facer as cousas de fronte e non temos culpa dos vosos desvíos…

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.