ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

canto custa o PP?

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 28 Maio 2009 @ 3:02 p.m.

Quería escribir de libros, estou lendo o último de Fernández Ferreiro. Mais a actualidade imponme outro tema. Verán, ando para comprar auto novo, en todos os concesionarios que visitei se queixan da Xunta. Ningén sabe que vai pasar coas axudas prometidas. Case saen a reunión por día ou dous días, o que sei da última tarzanada dos Habichuelo boys é que pretendían que os concesionarios se quedaran durante un ano cos coches que son para chatarrar. Tanta incompetencia xa mesmo parece incomprensíbel.

O que me leva a preguntarme: canto custa que o PP goberne na Xunta?

Un PP que por toda novidade ou anovación o único que ofreceu foi o fomento da radicalización de posturas antigalegas.

Un PP que está vendo como polomenos tres membros do seu equipo estan sendo investigados ou foron denunciados por irregularidades ou mesmo delictos.

Un PP que botou anos e anos dicindo que o bipartito era un desastre e agora que ten o poder resulta que non sabe facer outra cousa que seguir coa mesma mais sen eles faceren nada.

Un PP ao que lle tardaba tomar a remuda, que chegou inclusive a  amosar unha preocupante falta de decencia e respecto políticos.

E que agora segue sen saber gobernar e cada pasao que dá é  como a zanacada do pallaso.

Gobernando o PP goberna o OPUS.

Todo isto para que a final de contas o que dea feito o PP, e veremos, sexa afianzar aínda máis o ensino privado deterioriando aínda máis o ensino público.

Todo isto para que os que tiñan a solución de todo (os que tiñan a solución de todo despois de botaren tres lustros no poder e non fixeran nada positivo) veñan agora dicindo que a única maneira de solucionar o problema do leite é subvencionando o peche de explotacións????!!!!!

Se a xente da rúa ten a idea de que o bipartito foi un dispendio….imaxinen o que está sendo esta xunta feixoeira.

Claro, disto, o mass, nin mu.

O mu é cousa de vacas.

E están empeñados en acabar con elas.

Pode algún goberno ser imaxinado máis inútil e máis nocivo?

Pode??

Ben, na miña opinión, o único máis ridículo que xunta feixoeira é o papanatismo da prensa (LVG, EP, Faro, Región, Progreso etecé )

E sígome preguntandom: canto custa esta xunta feixoeira? Canto custa o PP, ese partido inimigo do progreso e cegado por posturas retrógadas inamovíbeis? Canto lle custa á sociedade galega que eses mangantes vivan a corpo de rei?

4 Comments

  1. carallo:

    ANT, Xornal, Vieiros, etc

  2. xmeyre:

    Carallo, cada caso é cada caso. Hai diferenzas ben grandes entre ANT, por exemplo, e LVG, non teño dúbida.

  3. carallo:

    Vostede non ten dúbida, eu si.

  4. xmeyre:

    Calquera exercicio xornalístico supón un desideratum en canto a visión de país. Quen vendeu a dignidade dos galegos por, se non lembro mal, eran os tempos do Prestige, 60.000 euros… non deixa entrever un proxecto de país galego un medio que orgasma con cada noticia de GB, que sempre pasou, e moito, da lingua galega…da lingua e da cultura e da…
    Podería ter reservas sobre ANT, sobre o seu exercicio xornalístico, mais o seu comportamento con respecto á cultura, á lingua, á literatura…merece un monumento

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.