ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

contra Monsanto e por II

Filed under: CARA ADIANTE,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 28 Maio 2009 @ 9:51 a.m.

“A soberbia do ser humano levouno a modificar fondamente o hábitat no que vive, mesmo a crear un hábitat alternativo totalmente artificial e onde o natural só é ornato prescindíbel”. Oístes ou lestes algunha vez cousa semellante? Pois sabede que é mentira.

Pois sabede que é mentira porque se me fai excesivo atribuír xenericamente “ao ser humano” o que non pasa de ser logro e responsabilidade do capitalismo. E tal e como  non se pode discutir o de “logro” tampouco o de “responsabilidade”.

Pois a mentes reponsábeis e vangardistas xa avaliaron e condenaron esas prácticas especulativas, insolidarias, depredadoras. Acontece, porén e na miña opinión, que esas mesmas mentes aínda son conscientes do seu vangardismo de xeito intuitivo e natural. O gran capital, que domina os medios de comunicación, preséntaos como a oposición ao progreso. Cando é todo o contrario, quen se opón ao progreso é o gran capital, sinxelamente porque  non pode haber progreso onde hai sufrimento, explotación, morte; sinxelamente porque o non existe mellor progreso que saber coidar a vida.

Velaí que a razón reclama para os partidos políticos, sindicatos e demais asociacións cívicas defensoras do gran capital, os cualificativos de RETRÓGADOS, de ATRASADORES, de NOCIVOS.

PP, PSOE e quen se rinda aos cantos do gran capital: retrógados, atrasadores, nocivos.

Non hai unha semana que que por esta vila do interior andaron os apóstoles de Monsanto explicando as “bondades” do cianuro que son os transxénicos. Non fun, tampouco podo ocuparme de todo, mais é un tema, unha ameaza que me preocupa moitísimo. Son fillo de labregos, fillo da terra, estimo máis unha leira arredor da casa que un chalé con piscina climatizada nunha grande cidade, quero sentir vida, sentir vida ao meu redor e participar nela prodúceme un efecto balsámico que ningunha outra droga pode soñar igualar.

Por iso reclamo, por iso reivindico, meus, que a PP, PSOE e a quen defenda o gran capital lles sexan aplicados eses cualificativos de RETRÓGADOS, ATRASADOES, NOCIVOS. E teremos que facelo nós, no trato coa xente do día a día.

Para alegría miña, atopei hoxe polo blogomillo esta noticia tremendamente positiva e esperanzadora. Nin a soberbia de Monsanto pode coa natureza. Lede.

E poderá parecer raro, mais esa noticia positiva e esperanzadora levoume a pensar noutro dos demonizados polo gran capital. A Iniciativa Internacionalista. Todos vimos como recentemente os poderes fácticos e políticos trataron de excluíla das eleccións europeas. Cando deberan alegrarse porque democracia debe sempre alegrarse de que cantos máis interlocutores haxa máis rica é. Aínda non me explico como o PSOE non é capaz de rectificar, ver que o xogo do bipartidismo a o único que beneficia é a dereita.

Sei que a xente de Iniciativa Internacionalista está preocupada polo afogamento mediático que lles van guindar enriba.

Esta anotación responde  a un chamado que recibín para que desde esta bitácora contribúa a amortecer esa lousa de silencio. A verdade é que neste tempo andei moi ensarillado noutras silveiras. Mais unha cousa da que non teño ningunha dúbida é que, do que nos chega de fóra ( por dicilo dalgunha maneira, que ao mellor mesmo é inxusta), Iniciativa Internacionalista é unha excelente noticia, unha esperanza de cordura que, polo ben de todos, ogallá calle no corazón e nos votos de todos.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.