ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

SEXO EN SIDECAR

Filed under: CRÓNICA DA CRÍTICA — 29 Maio 2009 @ 10:14 a.m.

Sácame a camisa, érgueme o brazo e pásame a lingua polo sobaco mentres eu temo a data do meu último baño. Despois ponme de costas a ela e mándame estar así. Esta relación dos corpos é nova para min, eu mirando cara á parade e ela detrás. Vai apalpando as costas, nótanchese moito os ósos, di, e as miñas orellas replican vermellas, ela dase conta e ri, supoño que agora estarán a poñerse marelas. Volve a estar fronte a  min, cun bico no seu índice que pon nos meus beizos e retira antes de que eu poida morder, e de novo ese sorriso seu irónico, agora diría mellor divertido. Concéntrase no cinto, que é capaz de desabrochar con inaudita destreza, e baixa os pantalóns suavemente ata os xeonllos. Nestes momentos estou a pensar nos calzóns, mudados hoxe tamén. Ela observa a que debe ser a miña evidente alegría de vela e apalpala, non moi forte, para testar a dureza máis que as dimensións, diría eu. Dá un paso pa atrás como para coller perspectiva, outro máis e outro. Debe de estar a uns dous metros de min, ten unha man no queixo mentres me mira con mirar de Modigliani, estou a punto de preguntar que pasa, a miña posición comeza a parecerme ridícula : os pantalóns medio baixados, as mans nas costas, non podería moverme se parecer un pato, pero non son capaz de atopar unha saída airosa, así que me deixo estar de pé fronte a ela e trato de anchear os ombros e mirala coa que eu pretendo sexa a miña mirada desafiante que ela ignora. Es exactamente como eu pensaba que eras. A que se refería con iso? Era un piropo? Unha decepción? Pronuncio., como?

Digo que o teu corpo é exactamente como eu esperaba que fose.

Supoño que me alegro. Ela sorrí, deberías alegrarte, e vaise achegando a min, que a agardo desprevenido, empúrrame cara atrás, tropezo na cama e caio de costas.

Quédate aí quieto.  (pax 143144)

Sempre me pasa. Cada vez que cae nas miñas mans unha historia de contido erótico ou asimilábel, teño a sensación de que a xente prexuizosamente civilizada perde xenerosamente o tempo e unha das mellores experiencias da vida.

Sempre me pasa: cada vez que teño nas miñas mans unha historia de contido erótico ou asimilábel, teño a sensación de que moito teñen desaproveitado a miña xenerosidade.

Por certo, unha boa historia erótica, como case sempre, resulta moitísimo máis intensa lida que vista, vista perde moita maxia

E por certo que o mellor deste Sidecar de Alberto Lema está na segunda historia, na que o protagonista explica as súas relacións con mulleres entradas en carnes. O anaco que arriba figura é un bocadiño do seu encontro coa súa profesora de matemáticas.

(A min pasoume algo que non chegou a tanto cunha de filosofía, que pena…penso hoxe, mais entón non podía pensar así)

E sempre, por certo, chego á mesma conclusión: o realto erótico perfecto debería estar escrito por un/unha naturalista que tivera a sensibilidade dun/dunha poeta e fora capaz de (re)lelo como un/unha virxe.

E sempe, por certo, chego á mesma conclusión: o puritanismo que a relixión o cristinianismo ( e non só o cristianismo, mais é o que máis nos toca ) impuxo na sociedade, moitas grandes páxinas de literatura ten abortado…eles, que están contra o aborto e contra a vida.

Ben, e agora, en tanto reclamo máis atención a este xénero tan desatendido, habilito o sidecar convidándoos a que lean algo de erotómana, paga a pena.

2 Comments

  1. Ana Bande:

    vaia…eu facía a mesma consideración hai uns días ¿que pasa co xénero erótico?…simplemente non existe, atrasadiños que andamos, coma en tantas cousas. Aquí a autocensura fai verdadeiros estragos, e a liberdade da muller para pensar e escribir racha por varios sitios á vez.

  2. xmeyre:

    O xénero erótico sobrevive con dificultades case por todos lados.
    Eu vexo necesario, e creo que estaría ben, un proxecto editorialmente transversal que recollera nunha única colección os textos eróticos galegos.
    Reclamo máis sexo na literatura galega, tamén porque resulta obrigado nunha literatura que pretenda estar á última, non poderá ser anovadora se non se desfai do lastre falsamente moralista que impón o catolicismo.
    E tócalle á prosa, en poesía xa se fixeron cousas moi interesantes desde a década dos 90
    Grazas polo comentario, Ana

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.