ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Dimisión do Valedor: XA!

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 30 Maio 2009 @ 10:34 a.m.

Súmome  á petición da MNL. O Valedor ten sido tan parcial que, se tivera un mínimo de vergoña, dimitiría xa sen que ninguén llo pedira. Aquí, nesta Ferradura, temos comentado abondo sobre as parcialidades do Valedor. Que máis ben é DES-valedor.

E se xa con anterioridade foi extraordinariamente parcial, a denuncia de Carlos Callón vai moito máis alá da simple desvergoña. Permite observar algo moi semellante á prevaricación, se é que non o é de feito.

Mesmo os tres partidos políticos presentes da Xunta, deberían tomar a decisión de cesalo irrevocabelmente. Un pouco de decencia política íalle sentar moi ben a un país que perde a fe nos políticos con moita razón e sen cesar. Un pouco de decencia xornalística levaría a que a prensa aireara o asunto sen dubidar.

PORQUE O ASUNTO É DE ESCÁNDALO

E mentres iso non pase quedamos nós, que somos os fundamentais para que este país non vaia ao carallo, quedamos nós para lembrarlle a políticos e prensa o que se negan a ver. Que isto se debata nas bitácoras contribúe a iso.

Ánimo, compñeiros,e DIMISIÓN DO VALEDOR XA!

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.