ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

propósitos para hoxe

Filed under: CARA ADIANTE,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 31 Maio 2009 @ 10:48 a.m.

1) Non ir á misa, non perder o tempo.

2) Seguir reclamando a dimisión do Valedor.

3)Procurar pensar que aínda hai esperanza de que Anxo Lourenzo non vaia ser outro nefasto Director Xeral de Política Lingüística. O PEOR.

4)Xogar ao fútbol con Darío.

4)Unha boa enchenta de polbo con patacas.

5)Comezar unha nova lectura ( ten máis de 500 páxinas, igual ando algo apretado de tempo).

6)Buscar tempo para pasear pola fresca.

7)Non estaría mal achegarme a San Clodio, á Festa (ou feira?) da Cereixa e do Aceite, mais son pesimista.

8)Facer reconto das explotacións leiteiras que seguen funcionando na parroquia.

9)Cagarme nos cartos que gañan os que xestionan a fin das explotacións leiteiras.

10)Cagarme moito nos que xestionan a fin das explotacións leiteiras.

11)Mirar o ceo, sei contar as nubes.

12)Erguer o puño.

13) Mirar con amor a quen me axuda a vivir.

14)Erguer o puño.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.