ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Maio, 2009

fútbol, mulleres, violencia e machismo

Posted: Luns, Maio 25th, 2009 @ 10:25 a.m. in VARIA NATURA | Comentarios desactivados en fútbol, mulleres, violencia e machismo

Onte presenciei un espectáculo realmente lamentábel. Unha vez que me fixen asíduo da preferente, dei en non perder ningún partido das categorías inferiores. E teño pasado ben boas tardes no Sangoñedo. Das que me alegro especialmente polo ambiente de convivencia interxeracional que se respira alí, entre o público e os xogadores. Os do A van […]

Pacholo de Paderne e Angelina Jolie, racionalizar

Posted: Domingo, Maio 24th, 2009 @ 11:32 a.m. in VARIA NATURA | Comentarios desactivados en Pacholo de Paderne e Angelina Jolie, racionalizar

De pequeno tiña ansias por voar. Agatuñaba o valado máis alto ou tirábase desde os piñeiros, carballos, especialmente desde o castiñeiro da horta, desde a cerdeira brava do fondo da horta e desde os palleiros. Cuns trebellos a xeito de ás que el mesmo facía. Quebrou algún óso e colleulle moita afección a cantar, sempre […]

Mario Benedetti e o meu padriño

Posted: Sábado, Maio 23rd, 2009 @ 11:01 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA | Comentarios desactivados en Mario Benedetti e o meu padriño

Nunha semana tan intensa, nin tiven tempo de asumir a súa marcha á república das ás de algodón. E posibelmente nunca a asuma. Fun ou son lector voraz de Mario Benedetti. Nunca foi dos autores que máis me chamaron, mais sempre foi dos que nunca me defraudaron. Un autor pódete defraudar como creador, e Mario […]

de mobbing, (o)pus dei e LVG

Posted: Venres, Maio 22nd, 2009 @ 4:46 p.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en de mobbing, (o)pus dei e LVG

Benquerid@s: Chegou o día tronado, polo que se. Eu comeceino cun chisco de mosqueo inquietante. A ver, dei en pensar que igual Anxo Lorenzo está pillado. Como o convenceu Feixó o Atrasador? Comezo a ter medo de que fora a través dalgún tipo de coacción. Non coñezo a Anxo Lorenzo. É posíbel que Anxo Lorenzo […]

galanteo erótico-nacionalista

Posted: Venres, Maio 22nd, 2009 @ 10:10 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en galanteo erótico-nacionalista

Non lles é conto. Relato: Situación: nun autobús. Personaxes: Maruxa, moza; o condutor, home maduro; eu. Desenvolvemento: Maruxa sobe ao autobús, cando vai pagar di: -Outra vez aquí; despois de tantas veces levándome, a ver cándo me fías, ou non te fías de min? -Hoxe non fían nin os grandes bancos…-Míraa, de abaixo arriba- Que […]

All the people killed God?

Posted: Xoves, Maio 21st, 2009 @ 2:42 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en All the people killed God?

Que si, mirando na Biblia, resulta, e non se asustar, ISTO, e non son o único en dicilo. Para modernos, en gráfico. E cantos terá matado ou quere matar o OPUS DEI? Como se me ocorre a min isto? Contraataco. Directamente. Eles véñenme pola lingua, eu vou por eles, ao miolo. PORQUE TEÑ MOI CLARO […]

thrillers ou bocados de A perspectiva desde a porta

Posted: Xoves, Maio 21st, 2009 @ 9:54 a.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en thrillers ou bocados de A perspectiva desde a porta

–Velaí o control. Con iso fanche saber que eles mandan e que ti obedeces, e si, deixámosche subscribirte a canto xornal revolucionario queiras, e que che escriban os teus amigos dos comités antirepresivos e todo iso pero, ah! nunca sabes se che van chegar todas as cartas, ou se as realmente importantes non van pasar […]

paranoia colectiva e ensino

Posted: Mércores, Maio 20th, 2009 @ 2:52 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | Comentarios desactivados en paranoia colectiva e ensino

Xa me coñecen, e esa miña teoría de que un plítico falando de educación ou ensino vén sendo equivalente á ameza dunha bomba nuclear. Peor, porque os efectos non se ven de inmediato. Agora chegoulle a quenda a Zapatero/ZP. A hora de de poñer en marcha a vella locomotora: progreso (modernidade) igual a ordenadores. E […]

A perspectiva desde a porta

Posted: Mércores, Maio 20th, 2009 @ 10:27 a.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en A perspectiva desde a porta

Pasen e vexan. Máis, en tempos como os de hoxe. Velaquí, por fin, esa novela que dixen era moi interesante. Paga moito a pena lela. O tema da loita armada na Galiza é moi tabú nas nosas letras. Adianto o  terceiro e cuarto parágrafos, e un chisco do seguinte: A Operación Castiñeira, vivida ao vivo […]

comentraio de textos sociolingüístico, modelo e razón

Posted: Martes, Maio 19th, 2009 @ 7:48 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | Comentarios desactivados en comentraio de textos sociolingüístico, modelo e razón

Velaí o texto Preguntas en dous niveis: 1.-a-Quen son os protagonistas? b-Que pretende conseguir Gloria Lago? c -De quen pretende conseguilo? d-Que importa máis, a liberdade de elección dunha lingua ou a posibilidade de ser     comptente en máis de unha? e-A derogación do decreto do galego vai permitir que un alumno galego domine tan poucas […]