ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Xuño, 2009

a muller da man verde

Posted: Martes, Xuño 30th, 2009 @ 10:31 a.m. in VARIA NATURA | Comentarios desactivados en a muller da man verde

Chegamos o venres, a iso da oito, para aproveitar que o sábado dicían que ía ser o mellor día da fin de semana. E así foi, os metereólogos non se equivocaron. Non e que fixera día típico de praia, o sol só de vez en cando furaba entre as nubes, porén a temperatura era boa, […]

Alfonso Sastre, Iniciativa Internacionalista, e as eleccións europeas

Posted: Domingo, Xuño 28th, 2009 @ 4:05 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Alfonso Sastre, Iniciativa Internacionalista, e as eleccións europeas

Lembran o artigo polo que os media están a crucificar a Alfonso Sastre? A cousa non é para tanto, vamos, o artigo nace da lóxica máis lóxica e racional. E a crucufixión de que está sendo…é que as mentes atrasadas realmente non coñecen outr aopotunidade para exercitar a ficción creativa que aplicar elevadas doses de […]

GB e a piratería

Posted: Sábado, Xuño 27th, 2009 @ 3:50 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en GB e a piratería

Parabéns a Jairo Dorado Cadilla (que non Castilla), responsábel de que todo isto vexa a luz, a actitude de GB, que arrampla con todo con tal de facerlle mal ao galego, actitude vingativa para paliar a escaseza de miras intelectuais dos seus dirixentes e membros, actitude impresentábel e rancorosa de quen odia (ao próximo, a […]

así, mellor

Posted: Venres, Xuño 26th, 2009 @ 2:52 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 3 Comments »

Seguramente saíulles de rebote. Sexa como for, o certo é que pedagoxicamente pensando, esta fórmula é moito máis xusta e operativa que o alugueiro de libros anteiror, alugueiro que aquí teño criticado. Resulta curiso mais esta medida do PP tamén é máis “socialista” que a tomada polo bipartito, e bastante máis xusta,  hai que recoñecelo […]

o verdadeiro valor da cultura galega

Posted: Venres, Xuño 26th, 2009 @ 9:46 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o verdadeiro valor da cultura galega

Para o PP, nada de nada, inclusive é unha rémora, un mal recordo e unha ameaza constante. Viven permanentemente á súa marxe, mirándoa de reollo. Non sempre foi así. Hai que lembrar que o nacionalismo galego aparece moi ligado a ideas de dereita. Se non sempre foi así, como e cando se cambiou ao estado […]

adianto da crítica de Metal central

Posted: Xoves, Xuño 25th, 2009 @ 8:43 a.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en adianto da crítica de Metal central

Onte enviei a ANT a crítica correspondente ao poemario de Alfredo Ferreiro. Velaquí algúns parágrafos en adianto. Este é o primeiro: Poden pensar, se queren, que cando escollín esta lectura para comentarlles hoxe, o fixen dalgunha maneira influído polo conflito do metal que a bisbarra de Vigo está a vivir precisamente nestes días. Fágano, xa […]

oración incompleta

Posted: Mércores, Xuño 24th, 2009 @ 8:09 p.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en oración incompleta

Noso Pai que seica estás no ceo, ecsríboche desde esta terra humilde e no teu nome pídoche que non veña a nós o teu reino nin se faga en nós a túa vontade pois no teu nome e pola túa vontade os inimigos de nós din actuar. O teu pan de cada día dámoscho hoxe […]

política lingüística e promoción do galego

Posted: Mércores, Xuño 24th, 2009 @ 10:19 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en política lingüística e promoción do galego

Deica agora, a política lingüística desenvolvida foi unha farsa contínua. Palabras bonitas para tapar ocos na prensa e xustificar os cartos recibidos. Nunca, eu polo menos non o  lembro,  a política lingüística  na Galiza, foi outra cousa que unha promoción en marcha atrás. Falo da política lingüística da DXPL da Xunta. Porque os únicos que, […]

a paranoia da imposición (máis política lingüística )

Posted: Martes, Xuño 23rd, 2009 @ 3:36 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a paranoia da imposición (máis política lingüística )

Coméntame, por corrreo-e, un camarada ocaso que lle aconteceu ao levar un amigo ao médico por urxencias. Resulta que o facultativo que os atendeu vai e sóltalles iso de que “es que aquí el BNG nos quiso imponer el gallego”, despois de querer identificalo como do BNG porque falaba galego, cando o amigo do meu […]

Makinaria e maquinismo

Posted: Martes, Xuño 23rd, 2009 @ 10:28 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Makinaria e maquinismo

Hai azares. Despois do Metal central, pois vou e pillo o Makinaria. No poemario de Alfredo Ferreiro hai unha revisitación consciente do futurismo. Máis consciente, na miña opinión, que convencida. E mira ti por onde me cae nas mans o de Carlos Negro, que  non lle podemos chamar futurismo porque é pan ou bágoa de […]