a teoría da conspiración
Seguramente a palabra conspiración é un tanto excesiva, mais si moi útil. Falo dunha «conspiración antigalega», é o que me interesa, o que máis me interesa; mais tamén poderiamos falar, a nivel estatal, de «conspiración xacobina» ou «conspiración antiprogresista»… Quedémonos coa antigalega, a quen queira efectuar traslado á esfera estatal halle ser doado.
Digo que a palabra conspiración é un tanto excesiva. Non teño nin coñezo probas de contubernio, de que tales señores ou tales señoras, representantes das forzas centralistas, se reuniran tal día a tal hora e cunha evidente orde do día: a doma e castración da Galiza. Mais…alguén as necesita? Alguén descoñece quen son esas forzas centralistas e represoras?
Abonda con botar unha ollada. Ten que ser unha ollada na lembranza, unha ollada a aquel primeiro cartaz da campaña CHÁMATE CON XEITO. Lémbrano? Lembran que houbo que retiralo por ofensivo? A quen ofende a verdade?
Seguramente do que hai que falar é de sinerxias. Sinerxias moi vellas, moi antigas no tempo. Igrexa, exército, a banca, a xustiza, a administración civil, unha burguesía foránea, políticos, caciques de casino…Desde sempre se apoiaron uns nos outros. De tal xeito que se un deles provocaban un movemento sentía na caluga o vítores e ánimos do resto da canalla.
Ora ben, a palabra sinerxia conleva unha connotación nada agresiva, moi neutra. Eu prefiro conspiración. Está pasando coa lingua. Catro cachos de carne inútil (fillos de burguesía galega foránea) néganse a estudar en galego, convencen dous profesoretes que xa andaban detrás dunha notoriedade que a valía intelectual propia lles negaba…mentres, na súa moi deficiente opinión todo era máis fácil e inxusto en galego, nestas topan cun político sen escrúpulos e moita ambición que quere ser presi da Xunta, sonlle útiles para mobilizar os votantes de extremísimia dereita que non se fiaban da extrema dereita (PP) por brando, sumado aos votantes que xa ten: o que necesita Feixó para ser presi, polo medio anda o OPUS, infiltrado na burguesía, infiltrado entre os políticos de dereita a extrema dereita, que pon os cartos vía FAES ou convence a FAES para que os poña e sacar da marxinalidade e dar protagonismo social á asociación dos profesoretes burróxenos…E xa está en marcha a conspiración ou sinerxia, que conta coa valiosísima axuda dun xornal, LVG, ao que todo o antigalego lle sabe a mel. Alguén cría que Igrexa ía quedar mirando para intermediación do OPUS e nada máis? Pois velaí a resurrección da INQUISICIÓN. Alguén cría que Xustiza non ía mover ficha?, pois velaí. Non falaramos de censura cando o de Chámate con xeito?, pois hai máis
Lembran aquilo das «multas por falar alto», «multas por dirixirse á autoridade en términos impropios» e semellantes? Non? Pasen pola hemeroteca, compróbeno. Eran MULTAS POR FALAR GALEGO. E isto non o invento eu, aínda hai xente viva que pode testemuñalo. E a iso estamos chegando de volta, a Feixó só lle queda poder pegarnos un tiro aos galegofalantes.
Falo de conspiración e non o retiro.
Fronte a isto temos que reaccionar con enerxía e determinación, con todas as armas que teñamos a man, sexan verdades impolutas ou non. E QUE SE NOTE.
Por nós? SI
Polos nosos fillos? SI; SI; SI
E tamén por todos aqueles que deixaron o seu sangue anónimo nas escuridades dos séculos para que nós hoxe gocemos desta lingua marabillosa que os femíneos (Raxoi, Feixó, Xesús Vázquez)… e fementidos ( que diría Pondal) nos queren roubar.
Terán que bailar na miña tumba…e que non pisen moi convencidos…
3 Comentarios
Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI
Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.
2009-06-14 @ 11.43 a.m.
MULTA POR FALAR GALEGO também foi aplicado na Suécia contra a minoria sueco-finlandesa de Tornedalen: Uma palavra em finlandês no recreio da escola dava uma MULTA DE UMA COROA.
2009-06-14 @ 6.04 p.m.
Rota, en boa parte,a cadea de transmisión xeracional familiar, acabar co galego na escola é paso imprescindíbel para eliminalo da faz de terra.
Grazas polo comentario, Henrique.
2009-06-16 @ 12.54 a.m.
Máis ou menos cheguei a mesma conclusión que ti, o contubernio ou conspiración, sen chegar a usar tales palabras, pero si, así é. Deixoche akín unha cita do meu blogue onde falo precisamente diso:
Que está ocorrendo co galego, cos galegos, con Galiza? Pois o seguinte:
-Os grandes poderes económicos estatais españolistas e fundacións coma FAES apoiados por partidos coma PP e UPyD: “vamos acabar cos nacionalismos perifericos da península”. “Cal é destes o pobo máis débil?” “O Galego” “Pois imos acabar coa súa pouca identidade para que non exista alí nacionalismo, para que deixen de reclamar nada e deixen de seren galegas e galegos” “Cal é o elemento que lles dá máis cohesión” “O idioma” “Pois vamos facer que se asocien cousas negativas ao seu idioma, ou era dialecto?, e que deixen de quererlle. Vamos facer que crean que o galego se impón, que non lles serve para nada. Vamos lle meter aínda máis castelán”
E o resto xa o sabedes: Galicia Bilingüe, cambio de rumbo do PPdG e … os galegos que nos damos conta disto alí estaremos, o 17 EN COMPOSTELA, porque somos galegos, porque falamos galego.