ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

a paranoia da imposición (máis política lingüística )

Filed under: EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 23 Xuño 2009 @ 3:36 p.m.

Coméntame, por corrreo-e, un camarada ocaso que lle aconteceu ao levar un amigo ao médico por urxencias. Resulta que o facultativo que os atendeu vai e sóltalles iso de que “es que aquí el BNG nos quiso imponer el gallego”, despois de querer identificalo como do BNG porque falaba galego, cando o amigo do meu camarada nunca votou BNG ni tivo carné de tal partido.

É un caso moi frecuente. Esa paranoia da imposición. Esa paranoia prexuizosa da imposición. Comentaba despois este meu camarada que a cousa foi así porque eles eran quen eran, se chega a ser outra persoa menos informada, alguén calquera da rúa, marcharía para a casa sen reclamar os seu dereito a ser atendido en galegoe  aínda por riba coa certidume de que esa imposición era cousa indubidábel ( quen o di é un médico ) ademais de moi mala.

Velaí, unha exposición do cotián que vivimos os galegofalantes informados e non informados. Velaí lago contra o que ten que loitar a política lingüística. Se non se loita e desterran estes prexuízos hipócritas…pouco imos poder facer. Si, pouco.

E a DXPL, contra isto que fai?

É maís, pódese facer política lingüística ás ordes do actual PP?

Creo que non. Como non sexa política lingüística para certificar a conquista de Galiza polo castelán.

Vai sendo hora de que a DXPL desdenda á terra, e faga o seu traballo, que o estamso facendo os demais por eles…

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.