ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

política lingüística e promoción do galego

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 24 Xuño 2009 @ 10:19 a.m.

Deica agora, a política lingüística desenvolvida foi unha farsa contínua. Palabras bonitas para tapar ocos na prensa e xustificar os cartos recibidos.

Nunca, eu polo menos non o  lembro,  a política lingüística  na Galiza, foi outra cousa que unha promoción en marcha atrás.

Falo da política lingüística da DXPL da Xunta.

Porque os únicos que, mellor ou peor, fixeron política lingüística na Galiza foron algúns medios privados (caso ANT ou Vieiros) e a Mesa pola Normalización, ademais dalgúns sindicatos ( encabezados pola CIG ), colectivos culturais, mundo editorial…(tampouco pretendo citalos todos)…e moi especialmente os profesores (de galego e doutras áreas) e xentes de a pé… a eses era aos que había que pagarlles un plus pola súa fervorosa dedicación altruísta…

…Qué lles vou dicir, a RAG, nin tampouco nin menospouco nin maispouco…ná de ná!; ou das oportunidades perdidas da CRTVG!, mutissupermutis…

Cada un na súa póla bailou como mellor puido e soubo. A DXPL nunca se ocupou de coordinar esforzos, de propiciar sinerxias. E coido que esa eiva é o grande fracaso, non só non lograr máis falantes senón perdelos.

Cada un na súa póla bailou como mellor puido e soubo para desartellar a enxurrada de infundios, de prexuízos, que o PP descerrou sobre o galego. O PP e a dereitona máis recalcitrante, regresiva, glotocida e excluínte que hai por aquí e se fomenta desde Madrí.

De aí esa sensación de soidade que os axentes normalizadores activos (non cumprirá que os repita) sentimos con tanta frecuencia. De aí o desánimo, a desolación na promoción do galego. En moi grande parte.

E Anxo Lorenzo, en quen había postas tantas esperanzas?

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.