así, mellor
Seguramente saíulles de rebote. Sexa como for, o certo é que pedagoxicamente pensando, esta fórmula é moito máis xusta e operativa que o alugueiro de libros anteiror, alugueiro que aquí teño criticado.
Resulta curiso mais esta medida do PP tamén é máis «socialista» que a tomada polo bipartito, e bastante máis xusta, hai que recoñecelo e é unha alegría facelo.
E supoño que tamén as casas editoras estarán contentas.
3 Comentarios
Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI
Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.
2009-06-26 @ 5.05 p.m.
vostede non sabe o que di. Máis «socialistas» será que os cativos aprendan o valor de uso antes que o de cambio: traballar con libros que son de todos e non propiedade do individuo.
Por outra banda, pareceríalle igual de ben que a escola pública asumise, na súa totalidade, a operación do PP cos libros de texto? Porque estes libros, ao cabo, fan parte da educación gratuíta que se supón que hai neste estado, intereses editoriais fóra.
2009-06-26 @ 7.11 p.m.
[...] sobre todo polo seu carácter socialmente máis redistributivo. Non deixa de ser chocante, tamén para min, que sexa un goberno conservador quen utilice estes criterios de solidariedade e de maior respecto [...]
2009-06-27 @ 3.42 p.m.
Vladimir, lástima que o valor de uso teña que resrinxirse tanto que non exista unha segunda oportunidade para a reciclaxe, lástima que esa aprendizaxe tan solidaria non deba ser emprendida sen as garantías de asimilación necesarias…Para todo hai un momento, unha ocasión e unha maneira.