ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

o verdadeiro valor da cultura galega

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 26 Xuño 2009 @ 9:46 a.m.

Para o PP, nada de nada, inclusive é unha rémora, un mal recordo e unha ameaza constante. Viven permanentemente á súa marxe, mirándoa de reollo. Non sempre foi así. Hai que lembrar que o nacionalismo galego aparece moi ligado a ideas de dereita. Se non sempre foi así, como e cando se cambiou ao estado actual? Franco tivo moito que ver, e certa covardía da dereita galega que non se atrevía a levantar a voz, e a desconfianza da esquerda nos valores nacionalistas ou galeguistas da dereita.

Porén, centrémonos. Que do que iamos falar era do valor da cultura galega. Quedárame pendente esta anotación desde a Feira da Sidra, lembran?

Os ataques do PP (por orde da FAES, do OPUS, e de Santiago Rey y Cierra España) contra a cultura galega están sendo contundentes, constantes. Eses mesmos ataques estannos facendo conscientes do valor que a cultura gaelga ten. Na música, por exemplo, non imaxinabamos a riqueza creativa que vivía a redor de nós e que nos leva a ser referncia no estado. No teatro, ás veces penso que non merecemos o teatro que temos, tamén penso que grazas á iniciativa privada porque da pública pouco ben podo falar. Etecé.

No que corresponde á litertura, e en liñas moi xerais, podemos presumir de contar cunha das poesías punteiras a nivel europeo, desacomplexada, libre, moi anovadora, de grande calidade tanto nas expresións máis clasicistas como nas máis vangardistas, moi rica e diversa. No cal, penso eu, ten que ver o seu  o sentirse fóra das presións mediáticas, e marxinda ou desprezada ou incomprendida polos poderes políticos. Non nos fixeron un favor, que conste, mais traballar libremente dá os seus froitos. En fin, xa sabemos, non se coñece outra xeografía terráquea con tanto escritor por metro cadrado ou por habitante.

Como se articula iso dentro da economía do país? Non lles son economista, mais creo que estas cifras resultan moi elocuentes.

Un dos da miña conrobla na Feira da S¡dra, ligado ao sector editorial, deixouno ben claro. As dimensións da cultura galega non son nin coñecidas nin valoradas polo grande público. E quizá se sorprenda se se lle di que a cultura galega é a principal industria de Galiza, o PIB da cultura galega é líder no estado.

O PP quere acabar co cultura galega ao asasinar a lingua. E con que acaba? Pois xa só no sector editorial, entre empregos directos e indirectos…seguramente lles son un número moi elevado. Creadores, tradutores, ilustradores, traballos diversos do sector editorial, viaxantes, libreiros etecé…segundo este meu interlocutor aproxímanse moito ao que pode representar Citroën ou inclusive máis.

E que pasaría se o PP quixese desmantelar Citroën? Que dirían LVG e secuaces? Que dirían os votantes?

Poi iso, hai que facérllelo saber.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.