ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Xuño, 2009

Anxo Lorenzo e a política lingüística

Posted: Luns, Xuño 22nd, 2009 @ 3:31 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Anxo Lorenzo e a política lingüística

Despois de tanto calar, mira, collo e leo con atención, e máis, e máis, e máis… E empezo a pensar que o da Dirección Xeral de Política Lingüística debe ser o peor emprego do mundo. Empezo a pensar que se trata, en realidade, dun emprego reservado a nihilistas convencidos e practicantes ou, no seu defecto, […]

bocados de Metal central

Posted: Luns, Xuño 22nd, 2009 @ 10:15 a.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en bocados de Metal central

Metal central é un poemario incómodo. Incómodo, tanto para o lector como para o  mesmo autor, a incomodidade deriva do feito de ter que inmiscirse nas entrañas (frías ou quentes) do metal, material co que traballamos, que domeamos e moldeamos segundo a nosa conveniencia, si, mais tremendamente duro, refractario, alleo. Velaquí uns bocadiños exquisitos. Somos […]

canto e que len @s moz@s de hoxe?

Posted: Domingo, Xuño 21st, 2009 @ 12:23 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | Comentarios desactivados en canto e que len @s moz@s de hoxe?

É que hai moito mito arredor das lecturas d@s moz@s. Moito. Os meus alumnos e alumnas andan nestes días para entregarme a memoria lectora deste curso. Imos cun chisco de atraso, mais o importante é ter lista a fcha lectora de todo o alumnado ESO de cara ao novo curso. Mitos, por exemplo o das […]

crítica enteira de A praia dos afogados

Posted: Sábado, Xuño 20th, 2009 @ 10:23 a.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en crítica enteira de A praia dos afogados

Cando a crítica descoida a relación do discurso co contexto social. Cando a crítica só alude aos mecanismos internos do discurso. Cando non dá pé ao lector para que insira a lectura nos días e feitos que vive…É media crítica. Na da novela de Domingo Villar que a ANT (1364), por algunha razón que descoñezo […]

nova agresión do PP contra a educación e cultura

Posted: Venres, Xuño 19th, 2009 @ 3:57 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en nova agresión do PP contra a educación e cultura

Foi o seu tempo e critiquei o cheque escolar como un recurso antipedagóxico. Propaganda institucional, populista, acientífica e antidemocrática. O cheque escolar non supón máis que o alugueiro temporal dun instrumento necesario para a aprendizaxe, alugueiro insatisfactorio porque non garante que o alumno poida botar man dos conceptos xa vistos para fixalos ou revisalos, aspecto […]

concurso de insultos

Posted: Venres, Xuño 19th, 2009 @ 10:10 a.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en concurso de insultos

Non hai moito tempo que, para promocionar a lectura, se me pasou pola cabeza facer un concurso de insultos. Igual se sorpenden; porén, como llelo conto. Explícolles, a lingua popular sempre foi moi rica en expresións desta índole. Falo do galego, claro. Fronte á sosería do castelán. Para ser xustos, do castelán burguesizado que na […]

p p dos pobres de espírito

Posted: Xoves, Xuño 18th, 2009 @ 4:51 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en p p dos pobres de espírito

Vindo para a casa, escoita no parte das dúas, como un deputado do PP se queixaba (non lembro a área en concreto) de que o bipartito non deixara as cousas amañadas no tempo que estivo na Xunta. Derivado do cal enfiei unha serie de pensamentos que agora tratarei de reproducir. Máis dunha vez teño reclamado […]

achegamento primeirizo á crítica oral

Posted: Xoves, Xuño 18th, 2009 @ 10:18 a.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en achegamento primeirizo á crítica oral

Sería covarde crela un sucedáneo da escrita, ou, polo menos, sería un erro magno. Resulta obvio que a oralidade é tamén unha dimensión verbal válida para a crítica que comunmente se manifesta na escrita. Obvio ou ben posíbel, mais tamén é certo que non sempre a oralidade é unha axeitada plataforma para a crítica escrita […]

Alberto impón reformas (sobre a crítica audiovisual e cuestións adxacentes)

Posted: Mércores, Xuño 17th, 2009 @ 4:07 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Alberto impón reformas (sobre a crítica audiovisual e cuestións adxacentes)

E entre as que máis a gusto impón están as que teñen que ver coa promoción da cultura galega. A música deixárona espida. Ao teatro nin lle pagan. A ameza do contradecreto segue pairando; un día destes hei falar do que supón para economía galega o sector do libro, aínda que haxa xente moito máis […]

tentativa de afogamento accidental

Posted: Mércores, Xuño 17th, 2009 @ 10:14 a.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 4 Comments »

Candos ves no pescozo do teu fillo as marcas das mans que quixeron afogalo…bloquéachese a vida. Empezo a crer que nunca me darei refeito, que sempre me perseguirá esa imaxe. Pasamos pola consulta dunha psicóloga os tres, Darío, a nai e mais eu. Cartos tirados, tempo perdido. Boa vontade si, mais non axudou en nada. […]