ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

a vida do outro

Filed under: Sen clasificar — 19 Xullo 2009 @ 4:02 p.m.

Onte reamatei de ler a novela desta semana. A de Carlos G. Reigosa é unha boa novela, como xuízo final, global. Ás veces a escrita de Reigosa preséntase pouco coidada, algo que me parece chocante no autor de Os outros disparos de Billy. Non é o caso. A novela está ben escrita. Ben escrita malia todo. Na lectura do actual Premio Torrente Ballester obxervei certos aspectos (léxicos, gramaticais) que teño que consultar, son escollas cando menos curiosas, que  mesmo poderían indicar cara unha posíbel tradición do castelán, no caso máis grave, improbábel e alucinante porque posibelmente só se trate de impericia gramatical (repito que teño que consultalo)…aínda que tamén poedría ser  indicio de que , cando se escribía,  se pensaba en castelán ou prevendo a versión castelá futura.

Daica a páxina oitenta, máis ou menos, pareceume  un proxecto narrativo curioso e prescindíbel. Algo así como as memorias dun pichabrava, madrileno e fillo de galegos, coa historia da segunda metade do século XX de fondo. Nunca perdín de vista esa opinión, mais foise refacendo. Porque dá aimpesión de que o autor redefine ou se fai consciente ou quere que o lector seca consciente de por onde quere dirixir os tiros: a conformación da personalidade individual. Xa de principio se anunciaba, mais non deixaba de ser só iso: anuncio.

Posteriormente subirei aquí máis anotacións sobre este libro, esta novela. Escrita en galego.  Hai aspectos desta novela que son reveladores.

Lina. E a lectura no me foi nada pracenteira, aínda que me prestou moito unha escrita tan ben presentada, que é o seu segredo. Esta novela, nas mans dun escritor mediocre sería un auténtico fracaso.

O problema foi a temática, na miña lectura e nas circunstancias nas que me atopo. Mais iso non  vai trascender á crítica. Non. Poucas veces se valora, mais o crítico, este esforzo de ecuanimidade, este substraerse na lectura para que a problemática persoal non incida, iso é  traballo moi duro, moi duro

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.