ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

de Godot a Arredor de si, con parada na Terra desluada

Filed under: CRÓNICA DA CRÍTICA — 21 Xullo 2009 @ 4:05 p.m.

Nunca, nos nove anos que vacionenado en Esteiro, levei tan doadamente a crítica semanal que envío a ANT. Tanto é así que esta semana podería enviar mesmo dúas.

Mais vaiamos pouco por pouco.

O luns pasado, no congreso non me deu tempo a expoñer todos os métodos de crítica ( mellor, ferramentas) que estou a usar nesta Ferradura. Mais desde entón si reflexionei sobre o asunto.

Unha desas ferramentas son os títulos alternativos.

A vida do outro, na, máis ou menos, oitenta ou noventa primeiras páximas, un título alternativo para ela podería Memorias dun pichabrava, fillo de galegos, coa Historia de España da segunda metade do século XX.

Posteriormente ese título xa non serve, quedaría mellor algo coma Contra Godot.

Ou outro que levara a palabra Casanova. O casanova progre ?

Claro qu etamén podería ser Reescrbindo a Otero Pedrayo sen lembralo. Ou Arredor de si sen decatarse

Lerono xa? Vano ler?

Propóñanme máis títulos alternativos.

O título da miña crónica vai ser GODOT ARREEDOR DE SI.

E mira ti como son as cousas, agora estou lendo isto de Martínez Conde. É poesía, nada teñen que ver, nun principio porque a escrita de Martínez Conde responde a unha interrogación contínua, el sempre agarda o Godot das respostas. Proximamente subirei aquí outra anotación curiosa: son con ler os dous primeiros poemas ocorréronseme varios títulos, veremos, verán, como responden.


2 Comments

  1. amauta castro:

    Agradezo que se me engadera á lista de ligazóns desta bitácora que tanto admiro.
    Repito, grazas e adiante co blogue.

  2. xmeyre:

    A ti, e a todos os que me escoitades…

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.