ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

os heroes de Massó/ a auténtica vocación

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA,VARIA NATURA — 22 Xullo 2009 @ 4:03 p.m.

Xa é curioso, a miña induemtaria : chanclas, bañador, camisola e paraugas. Non lembro ningún Xullo peor que este, aínda que eu non me podo queixar tanto, estamos bastante cómodos. Mais claro, quédanme dez días de praia. Non, nove, porque o 25 é sagrado: Compostela. Boto de menos aqueles tempos nos que desde a mañá do 24 á noite, moi ben entrada, non durmía.

Paso revista áctualidade. O que máis me interesa. A desvergonza, a actuación contra o Foro Social de Cangas, contra o FSC e calquera que se opoña ás obras , ao atentado das obras na Massó, resulta dunha desvergonza absoluta, como a negativa a escoitar as voces da razón contra o proxecto dese disparate, disparate no que perdemos todos agás o grande capital. El non, o grande capital ten patente de corso para facer oque lles pete, cando lles pete e onde lles pete. E, se non, velaí está o PP (Partido pola Pobreza de Galicia) para protexelo, amparalo, mimalo e deixarse dar por tras se fai falta. O PP, ese partido mentiroso, que só goberna para o grande capital, e ao pobo só o usa como garante do seu poder, non como orixe do mesmo.

Van 16 detidos. Acusados. A xente pensa que mesmo van ser acusados de ATENTADO. Esta xente merécenme o cualificador de HEROES. A súa é unha loita que de verdade importa, non aquela dos muíños de vento quixotescos. Animo a Patricia A. Janeiro ( parece ser a única que ten valor para a encomenda ), de aí pode saír unha moi boa novela.

…………………

Outra cousa curiosa. Decateime onte.

Recentemente espertoume certa curiosidade . Saben a razón. Decateime onte. Aínda que na foto non se ve ben. Hai certo parecido entre a protagonista, Eliza Dushku,

e I. unha das mulleres que sementaron máis amor na miña vida. Por veces sinto ese parecido acentuado, aínda que I. tiña o cabelo ondulado, parécense moito na maneira de mirar, na expresividade facial.

como Tru, I. tamén era unha muller máxica, aínda gardo na memoria a visión daquel paxaro de peito colorado pairando sobre nós, sentados no verde da herba do campus.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.