ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Arredor de si, en clave madrileñí

Filed under: CRÓNICA DA CRÍTICA — 23 Xullo 2009 @ 4:05 p.m.

Que si, inclusive me gusta máis este título que o que lle puxen á crónica: Godot arredor de si.

Por certo, velaquí a primeira entrega do subliñados:

Eu descubrino enseguida; ¡Nietzsche tamén quería ser outro!, e por iso falaba doutra vida –neste mundo- que cualificaba de superadora e verdadeira. (22)

………………….

Carlos Marx aparecéuseme de repente por obra e graza dun amigo catalán que se chamaba Jordi Guixá e que se proclamaba trotskista coma se declarase o oficio de fentaneiro ou axudante de farmacia. (22)

…………………..

Aferreime a esa idea ata o punto de crer Nela por riba da miña desaliñada fe en Freud, Nietzsche, Marx e no propio Marcuse (23)

…………………..

E todos os seres do mundo respondían polos nomes que eu quería: Jack Kerouac, Bob Dylan, Joan Baez, Jhon Lennon, Jimi Hendrix, Jacques Brel, Walt Whitman, Antonio Machahdo, Miguel Hernández, Paco Ibáñez, Atahualpa Yupanqui…(24, haberá que agardar deica a 219 para que no contexto cultural apareza algún nome galego: Cunqueiro. Isto semella ser outro indicador que remite para unha versión castelán que se superpón á galega. Son esquezos moi grandes. Na balance do ano 1979 lembra a morte de Blas de Otero, mais non a de Blanco Amor ou Celso Emilio Ferreiro)

………………….

O que me gustaba era que ela fose quen quixese ser (48)

………………….

Gabriel García Márquez faloume en Barcelona da súa avoa galega e de Fraz Kafka. ” Os dous me ensinaron a escribir Cien años de soledad: a miña avoa reveloume a forma e Kafka infundiume a afouteza necesaria para facelo” (52-53. Lembremos o comentado no sublimado da páxina 24)

………………….

Samuel Beckett negouse a recibirme. (…) “Formule as preguntas que queira e elixa as respostas que máis lle gusten nos meus libros. Neles está todo o que non sei.” (53)

………………….

Pero ¿estaba eu a gusto co outro que era? (58)

………………….

Ou a súa frase preferida de Albert Einstein: ” É máis fácil desintegrar un átomo ca un prexuízo” (66-67)

………………….

(…)tiña 29 anos, tres fillos e tres mil malditas vacilacións ou perplejidades. Era o retrato dunha vida errática, caótica e desnortada. Sen piloto. (69)

Por certo 2. A riqueza desta novela en citas doutros autores é moi  grande, resúltalle de moit utilidade ao autor para debuxar a mentalidade da época ou o estado dos seus propios pensares. Eis unha face que nin me deu tempo a acariñar na miña crónica.

Por certo3. Despois do día que estivo onte, quen ía imaxinar o bonito que está hoxe!

Por certo 4. Xantei sardiñas, custaronme dous euros e comemos catro. Cearei nécoras de balde, pillounas Ío, que parfece que lle tira iso da pesca.

Por certo 5. Cando viña para o cíber, xa vin dúas das superpijas indo para a praia. Eu lerei a Martínez Conde, elas están desesperadaas porque non teñen o nivel de bronceado normal a estas alturas. E bañareime, a auga está boa e a marea sobe moito, son mareas vivas, cando baixe vai estar de vicio, aínda que quedará pouca area con tanta subida.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.