ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

para ser feliz

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 24 Xullo 2009 @ 4:14 p.m.

Non nadei, hoxe pola mañá, deime a pasear remoendo as cousas que me impiden contemplar, con despreocupación, o horizonte do mes que vén.

Entre medias dun asunto e outro, pois apareceu no meu meditar a cuestión da lingua. Feixó, a sabendas, non para de sementar mentiras. Vealquí as de hoxe:

Somos firmes defensores dos nosos símbolos identitarios (SI? MAIS BEN SABEMOS QUE É AO REVÉS, ODIÁDELOS, PORQUE NON OS RECOÑECEDES COMO VOSOS) e desde logo o 25 de xullo é un deles, pero cremos que non hai maior símbolo de Galicia que os propios galegos. Para dignificar esta terra, é neles nos que debemos centrar os nosos esforzos: porque hai tantas formas de entender Galicia como galegos hai. ( E ISTO COMO S E COME, TODO SEXA CON TAL DE LEXITIMAR  A POSTURA pp E A POSTURA gb: DESLEXITIMANDO A DEFENDIDA POLO NACIONALISMO, AÍNICA FIEL A GALIZA)

O galeguismo non é unha doutrina, é un xeito de vida a escoller por cada quen de forma individual
.
Esa é filosofía que ha de marcar o noso compromiso con Galicia: a do respecto das liberdades. ( LÉASE, RESECTO SÓ ÁS LIBERDADES INDIVIDUAIS MENTRES LLE CONVEÑA ao pp e a gb; MAIS TAMÉN EXISTEN LIBERDADES COLECTIVAS, AS DE POBO, DE NACIÓN, DESAS QUE NONQUEREDES FALAR)

O PPdeG entende o galeguismo dun xeito aberto, como un manto capaz de arroupar a todos e cada un dos galegos, e non como un paraugas pensado para elites e que deixa á intemperie á verdadeira masa social de Galicia. (XA, O GALEGUISMO COMO UNHA ENFERMIDADE, DIGO O NACIONALISMO,PARAUGAS? SE QUERE… ISO É: SE SE QUERE, DO CONTRARIO QUE NON SE QUEIXE SE SE MOLLA

Apostamos por un galeguismo acolledor, do que toda Galicia poida sentirse orgullosa.
( OS ÚNICOS  ACOLLEDORES SOMOS OS GALEGOFALANTES, DE SOBRA O SABES. ABONDA DE DESCUALIFICAR POR CONTRASTE)

Por un galeguismo amable, que fuxa de batallas interesadas sobre os símbolos de Galicia, un galeguismo que non se use para dividir o que foi concebido para unir.
(COMO OS CASTELAN FALANTES QUE SE NEGAN Á QUERER SABER GALEGO?, COMA GB, SON ELES OS QUE DIVIDEN.ABONDA DE MENTIRAS)

Hoxe máis que nunca repetimos isto alto e claro: son os galegos os que deben decidir en que idioma queren expresarse, non os políticos. Son eles os que deben decidilo. En liberdade, sen presións. Temos unha lingua propia que usamos, amamos e respectamos. (XA,POR ISO A ENQUISA SÓ ERA PARA PAI SCON FILLOS EN IDADE ESCOLAR…AI, MENTIRÁN!!!)

Apostamos tamén por un galeguismo aperturista, que obvie as estreitas barreiras territoriais e aspire a inundar o mundo enteiro. ¿Ou acaso hai que ser galego para amar a Galicia?
(ACASO NON?, SE OS GALEGOS NON AMAMOS GALIZA…HAN VIR OS MADRILENÍS AMALA? OS ÚNICOS APERTURISTAS SOMOS OS GALEGO FALANTES, OS CASTELAN FALANTES SON EXCLUSIVISTAS!!!!!!)

Galicia está alá onde hai un galego
, e por iso apostamos por estender esta filosofía. E máis aínda, en vésperas dun Ano Santo
, no que Galicia en xeral e esta cidade de Santiago en particular serán de novo un crisol de culturas que camiñarán xuntas sobre a pedra galega. (VOLTA COS INDIVIDUALISMOS, E CON ESMAGARNOS COAS CULTURAS FORÁNEAS…)

Sendo así, non podemos pecharnos no galeguismo esquivo que algúns se afanan en estender, senón en amosar ao mundo un sentimento só descritible cunha palabra: orgullo. Orgullo de ser galegos.
(SE NONSE QUEREN INTEGRAR, QUE NON SE QUEIXEN, OS ÚNICOS RADICAIS SON ELES) (ORGULLO????, SE CON TANTO ORGULLO LLE DAS PANCADAS NOS MORROS EN LUGAR DE AGARIMOS…)

Ese orgullo é o que fai medrar o galeguismo nesta terra. É ese orgullo o que fai que a testemuña de Castelao, Rosalía ou Ramón Piñeiro
recaia nas mellores mans: nas dun batallón de galeguistas anónimos aos que hoxe tamén queremos render homenaxe. (METER NO MESMO SACO A CASTELAO E RAMÓN PIÑEIRO!!!) ( VAMOS RENDES HOMENAXE AOS TEUS VOTANTES, MIRA QUE TES CARA!!!

Aqueles que tamén lembrou o propio Castelao, precisamente un Día de Galicia pero de 1948 e no seu exilio de Buenos Aires. (NON, MEU, TIN ON O LECHES, OU COMO VAS HOMENAXEAR TI AOS QUE PENSAN O CONTRARIO CA TI!)

Castelao falou dunha “infinita multitude de luciñas e vagalumes, que son os seres innombrados que ninguén lembra xa, e que todos xuntos forman o substrato insubornable da patria galega. Esas almas sen nome que crearon o idioma en que eu lles estou falando, a nosa cultura, as nosas artes, os nosos usos e costumes, e en fin, o feito diferencial de Galicia.”
(ESAS LUCIÑAS NON SON GB, PRECISAMENTE !!!, MENTIRÁN!!!!)

Estas almas sen nome seguen alimentando hoxe o seu compromiso con Galicia no seu quefacer diario, nos seus traballos, na súa vida persoal… eles, lonxe dos grandes titulares, pode que nunca reflictan nun libro o seu compromiso con esta terra ou as súas reflexións sobre Galicia, pero son desde logo os verdadeiros protagonistas da Galicia na que cre o PPdeG.
(ESAS ALMAS AMABAN O SEU PAÍS, TI ÓDIALO)

Ese galeguismo anónimo, valente, continuo, que vive cómodo no bilingüismo cordial que sempre estivo instalado en Galicia, e que sobrevoa por riba das siglas políticas e os debates partidarios …

Eses que homenaxean cada día a esta terra cun orgullo de pertenza a proba de debates e que non permiten que ninguén lles marque o camiño que ha de seguir o seu amor a Galicia…


Eses h
omes e mulleres que conforman a maioría silenciosa que, de forma tranquila e sen estridencias, son os verdadeiros actores do galeguismo son os que merecen a homenaxe que hoxe, na véspera do noso Día Grande, lle rendemos orgullosos e satisfeitos.

PARA A SAÚDE MENTAL DOS GALEGOS, NADA MELLOR QUE FACER OÍDOS XORDOS ÁS PALABRAS DE FEIXÓ.

QUE É QUE INCOMODA TANTO A FEIXÓ DO NACIONALISMO. POIS O MEMSO QUE INCOMODA AO psoe: QUE ON SE SINTEN INTEGRADOS NO NACIONALISMO. MAIS ESE É PROBLEMA SEU (DA SÚA PEQUENEZA) E NON DO NACIONALISMO: QUE APRENDAN A ABRIR A MENTE E O CORAZÓN!!! NONSE PODE SER FELIZ EN TANTA ESTREITEZA ALLEANTE!!!!

MAÑÁ TOPDOS A COMPOSTELA, ENSIMARLLE AMOR A GALIZA, AMOR DE CORAZÓN GRANDE !!!!!!!! A VER SE APRENDE ESTE MENTECUATRO

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.