ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

impresións despois do Día a Patria, contra a manipulación

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 26 Xullo 2009 @ 4:12 p.m.

Ás veces mesm parece que non estivera alí, e ben que estiven. Porque, lendo agora , na prensa, o que foi onte.

Para LVG, nin sequera debeu existir onte, nin unhs referencia, mais si se acorda do “desfile de época”. E, pois, mirade, se para vós non existimos, vós para nós si…para non comprar nunca LVG, para facerlle mala prensa boca-oído, para desprestixiarvos diante da xente. NINGÚN BON GALEGO PODE MERCAR E LER LA VOZ DE GALICIA, DEBE SER CONSICIENTE DE QUE LVG É UN SACO DE MENTIRAS E MANIPULACIÓNS AO SERVIZO DA CENSURA PROPIA GALIZA.

Polo resto, pois o mesmo. Vin menos xente que outros anos, e non fun o único en queixarme. E o discurso de Guillerme non me acendeu. Escoiteino enteiro, rara vez os escoito, mais esta vez si. Saín no principio da mani, cando estabamos xa de volta na Praza de Galiza non se vía xa ninguén para saír. Ese é mal sinal, na miña opinión. Si, moita xente quedou polo camiño, moita xente non quixo escoitar a Guillerme, e marchou xantar. O sol picaba a fío, é comprensíbel?.

Por primeira vez, tiven que chamar compañeiros aos pés. Xantei un bon polbo e un bon churrasco, carísimos, por certo, que tampouco me sentaron nada ben. Xa  nos domnios do Festigal, atopei Super Bock en lugar de Estrella de Galicia, sempre me ggustou facer bandeira dos produtos galegos independentemente da ideoloxía dos seus donos. Porén teño que recoñecer que a Super Bock negra é unha das miñas debilidades. Como dicía o Pucheiro, que vergonza que os de Estrella deixaon escpar isto… Agardo que o xantar lle caera ben a María, que anda delicada do estómago.

E cruzamos con máis xente desencantada. Non creo que Guillerme sexa candidato de futuro, creo que ninguén o cre. Cómpre xa unha voz nova. Unha voz non marcada. O BNG non consegue conectar con todos os que estamos preocupados pola lingua e a cultura. A ver se lles entra na cabeciña. Non se me ocorre outra maneira. Repito a miña candidata: Ana López Suevos. Ao  PP seríalle moi difícil contraargumentala.

Por que si;  Habichuelo nonpara de dicir burrada tras burrada que os medios recollen e propagan coma se fora a verdade incontestábel o que non é máis que inmenso prexuízo. Vealí outro. Un devoto da FAES vai e di que a identidade non debe ser inmobilismo. NADA MENOS!!!, el que é devoto seguidor da FAES, é dicir da España da Reconquista!!!!!! E os medios a calar.

Que che entre na cachucha, Feixó, o único inmobilismo é o teu, ti es o de séculos pasados que se nega a aceptar tanto o presente como o futuro.

Se segues xogando coa saúde mental dos galegos, o te nome pasará á historia, con xustiza..á depresión que as túas palabras (burradas, mentiras, manipulacións) provocan xa hai quen lle chama ” a síndrome feixó”

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.