ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

palabras autorizadas/palabras autoritarias; adianto sobre o resultado da enquisa

Dicíame o Castor, e téñollo oído tamén ao Lisardo do Cura:

-Non te fíes dos de nariz ganchudo, e menos aínda se teñen os ollos moi xuntos.

Sempre me preguntei ( fun pouco oportuno ao non preguntárllelo a eles, agora xa non podo ) a razón de tal aserto, que tamén sempre me pareceu fondamente inxusto pois ninguén ten a culpa da súa aparencia física.

E nestas parece Feixó!

E narices si que llas bota.

Apereceu aí atrás no Consello da Cultura para dicirlles que os escritores galegos tiñan que aspirar aá internacionalizadión, é dicir: escribir en castelán. Lean aquí, nas palabras autorizadas de Ferrín.

Porque é así

-para quen sabe, para quen dispón de saber  e nolo comunica, para as súas palabra é o cualificativo de autorizadas.

-para os outros, para os detentadores da burramia e que queren impoñérnola polas boas ou polas malas, as súas palabras só poden ser cualificadas de AUTORITARIAS.

A ver, cando se vota, hai que pasar de criterios personalistas cegos. Imos pagar, e moi caro, o votarmos un presi de xunta de moi escaso calibre mental. Moitos collóns e moi pouco cerebro. Agora só queda BOTALO e agardar que algo fique incólume, intacto.

E por riba de burros, mentirosos, Xesús Vázquez, o peor responsábel de educación de que se teña noticia histórica!!!

Adianto dos resultados da enquisa sobre o galego no ensino:

-todos imos quedar fodidos, sexa xal sexa o resultado. Se é favorábel ao galego (  e ben se coidou na propia equisa que fora pouco probábel), algo terá que facer Feixó para deicar contentos aso bífidos. No caso de que sexa favorábelaos bífidos, algo terá que facer para non quedar excsivamente mal cos galegos, e non lle será nada doado. NINGUÉN TE MANDOU METERTE NESTE AVESPEIRO; oxalá te piquen só a ti, que es o que máis o merece, por parvo e alimentarte de moita mala hostia.

Lémbrame o Cancela. Naquel tempo no que os escolares faciamos moito deporte e o deporte escolar no existía par as autoridades en cuestión. Cancela era bo rapaz mais non aprendía nin a hostias. Cando era eu o porteiro da selección de balonmán e futbol, el era suplente e sempre quería xogar. Un día, gañabamos por 15 ou 2o goles mdiada a primeira parte, deicidín tomar un descando, e pedín o cambio. Literalmente, cosérono a tiros. No descanso vinlle sangrar as mans. Dixenlle que se estaba mal podía volver ao campo, que non tiña porque sacrificarse tanto. Finalmente volvín entrar no campo a falta de 15 minutos. Nunca deu entendido que era mal porteiro. Tantas veces, os collóns nubarn o discernimento da razón, véxanse o caso do Cancela ou de Feixó.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.