ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

actualidade improvisada

Filed under: EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 29 Xullo 2009 @ 3:56 p.m.

Probabelmente, todo o que podía saír mal…saíu mal. Iso agardo. Onte perdínos cebos. Hoxe erguimne, subín no coche e aops  100 metros marchei co espello de outro. Agora debería estar subindo unha anotación sobre o campo semántico rexedor de  Na terra desluada,e vou  e atópome improvisando isto porque me quedou na casa o lapis-memoria. Nun día no que a actaulidade ofrece pouca chicha:

-seguirán negando. A prensa dá a noticia. Ourtros seguen cegos, mudos e xordos. Porque para iso están LVG r demais camarilla, para suavizarlles a somodomía

– de vieiros saliento isto. A liña de vangarda da loita por Galiza, son eles. Hai que apoialos. En canto chegue á casa irei ao banco para enviar a miña axuda.

-outro exemplo.

-e outro, de colaboracionismo inxenuo, o artigo quere ser crítico e remata sendo unha simple plataforma publicitaria para Feixó.

Noutra orde de cousas. Algo que observo con preocupación. Marchou Fer, madrileño, uns catro aniños, Fer  é do mundo, como di Diego, semella que o pai só lle dá de comer, o viste e o deita, fáltalle moito amor e ese rapàz, que se me te constantemente na vida dos demais, case vive na rúa  e nas casas dos veciños pasa máis tempo que na súa. É un incordio, tamén, todo pretende sabelo e en todo se mete. E cando algo non lle vai ben pode recorrer á violencia.

Marchou Fer e chegou Jon,  de Euskadi, non é violento, sempre anda cos pais, mais non deixa de meterse na vida dos demais como se fora coñecido de toda a vida, chega a ser moi impertinente, tamén todo pretende sabelo. Non creo que sexa malo, mais rebéntame que os pais non lle corrixan a impertinencia, verana normal, mais existe un formulismo para dirixirse a descoñecidos. A onde vai a educación dos cidadáns?

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.