ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

the last day in de beach, na literatura e na vida

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 30 Xullo 2009 @ 4:00 p.m.

Como lle hai que dicir á xente que o PP é un patido despilfarrador, de bolsillos rotos que unicamente goberna para que ouros non fagan efectivo o reparto social dos cartos que manexan os  nosos políticos?

Como lle hai que dicir á xente que se non o fan é para que as grandes fortunas incrementen o seu pecunio a custa de que o resto dos galegos vivamos peor, en peores condición?

Que ninguén pense que o AVE vai chegar polos bos desexos do PP para que os galegos nos comuniquemos mellor. Non, o único que lle interesa é que a sobras as fagan os seus clientes. E así con todo. E se alguén pensa que algo lle vai tocar tamén a el, que non sexa iluso, serán migallas do que lle tiña que tocar en gasto social.

Aínda por riba resulta un partido vingativo ( cal é socialmente moi nocivo), e non repara nin en medios non en manerias á hora purgar a quen non lle xure fidelidade, igual que nos tempos dos foros.

E os media a bailarlles a muiñeira unha semaniña enteira. Leo isto e non sei a que vara aterme. Informacións así só sementan a dúbida. Mais a dúbida sobre todos. E non é xusto. Sobre todo porque se a dúbida afecta os máis débiles, iso xa recibe o nome de abuso, como mínimo.

Só : os ilusos inzan na Galiza igual que os lumes o van facer nos proximos dous meses, no cómpre ser adiviño!

Eu quería hoxe escribir unha anotación longa. Porén a intensidade reñe decote coa cantidade. Na literatura e na vida.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.