ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

confirmado: pucheirazo na enquisa

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA,Sen clasificar — 31 Xullo 2009 @ 4:50 p.m.

Miren por onde, a Xunta de Galicia vai  e realiza unha enquisa (unha verdadeira chafalalda onde as dúas linguaa non están nas mesmas condicións e sae gañando o castelán) para que os pais con fillos en idade escolar decidan o futuro dunha lingua en apuros, logo de 25 anos ( un cuarto de  século, e non calquera, xusto cando ten lugar a revolución  das TIC) de desidia por parte das autoridades que tiñan a misión de velar polo galego: tanto a Administración Galega como a Estatal, que tamén ten o memso mandato constitucional, perversa e maniqueamente incumprido sempre.

Unha enquisa que me merece menos valor, que me ten menos credibilidade que as que se fan nos centros educativos para escoller delegado.

Alguén pensaba que ía ser favorable ao galego, sendo convocada por un descarado axente da castelanización????

Agora o perigo está en sentirmonos esmagados polos datos da Xunta. E deixariamos morrer a chafallada da enquisa. Cómpre tumbala. Seguir insistindo en que é unha chafallada. No dicían eles que o bipartito  non era serio??? Carallo, a chafalleiros non hai quen lles gañe!!!!!!.

Insisto, sería vergonzoso que unha chafallada así saíse adiante. E seguirá, se non a esnaquizamos antes. O titular de antes andaba moi atinado.

Sigo sen entender o papel de Anxo Lorenzo, penso que xa lle podemos chamar Anxo Extermiandor. O feito de que sexa el quen presente os datos non persegue outra cousa que conferirlle lexitimidade, desde o prestixio de Lorenzo como sociolingüista. E el é tan parvo que se deixa. O que tiña que facer era dimitir, e deixaba nun bon apuro a Feixó, a quen non lle debe bada…ou equivócome  e si lle debe, el ou alguén emparentado con el????

Estratexia: convocar actos, pedir a presencia do Anxo Exterminador, e promover que se lle canten as corenta.

Estratexia?: desobediencia civil.

Desde logo, máis lle vale non certar comigo!!!

O s verdadeiros principios políticos do  PP:

-vender Galicia: véxase a rabecha do concurso eólico, o asunto do Sil, Massó, o que está pasando con Caixa Galicia e Caixanova…

-caciquear para os seus: véxase o “plan acuícola”, en fin, exemplos sobran…

-acabar co galego: por intereses puramente económicos; a enuisa nunca podería ser favorable ao galego porque iría contra os intereses económicos da industria editorial castelá; así de simple e de contundente: o galego é un estorbo para a industria editorial castelá, que o cultura galega ten máis importancia económica que Citroën?, que máis ten!!??, que van ir ao tacho miles de galegos por culpa desa enquisa??!!, que máis ten, xa traballarán para a industria castelá (que dificilmente vai contratar cinco ou seis; porque non o esquezamos: a industria editorial galega creou moito traballo na Galiza, e ese non é obxectivo da industria editorial castelá, máis ben todo o contrario).

-desfacer todo o feito e que levara a Galiza de cara a unha desexábel autoorganización, evitar que alguén ou algo non cegamente submiso aos seus caprichos siga campando.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.