ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Agosto, 2009

a prensa, servizo público?, (seguindo coa lectura)

Posted: Luns, Agosto 31st, 2009 @ 10:42 a.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a prensa, servizo público?, (seguindo coa lectura)

Non coñezo nin manual nin tratado que dea conta, polo miúdo, de como se producen os procesos lectores aleatorios, e como inciden na conformación da maneira de pensar dos individuos. Unha maneira de pensar, un tipo de pensamento logrado desde a pegada  de informacións fragmentarias (case sempre categorizadas). Esa pegada, nos dous sentidos, superpón, xerarquiza, […]

poesía, política, prensa e frustración

Posted: Domingo, Agosto 30th, 2009 @ 12:40 p.m. in Sen clasificar | 6 Comments »

Na maioría da xente, a poesía provoca unha frustración. Cal? Pois que agardan enfrontar un festival estético, unha demostración de pirotecnia verbal que exhiba a aliaxe entre a estética sublime da palabra e  o sentir (pensar) profundo d@ poeta. E erran, a poesía non é iso. E como non é o que agardaban, desisten e […]

italianite

Posted: Sábado, Agosto 29th, 2009 @ 12:05 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en italianite

Chamar, chamoume a atención sempre. A italianite dos arxentinos é inclusive moi perceptíbel desde aquí. Teño familia alá, xa unha familia afastada, e contactos, máis ou menos regulares, con arxentinos. Unha cousa que lles observei é que, fóra da Arxentina, nunca denigran, nunca falan mal dos arxentinos italianos, por máis que alá lles chamen tanos […]

de gaita a testa,máis sobre o lunfardo e o galego

Posted: Venres, Agosto 28th, 2009 @ 2:07 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA, VARIA NATURA | Comentarios desactivados en de gaita a testa,máis sobre o lunfardo e o galego

Vou atopando máis palabras,  neste repertorio léxico tan particular, con orixe no galego. O lunfrado, polo que sei, conta arredor das 13000 palabras, eu manexo un vocabulario moito máis reducido, unhas 4.ooo. Ás xa citadas anteriormente, ben se poden engadir estas: GAITA: é como se lles chaman aos galegos, en lunfardo CANILLA: é, en lunfardo, […]

a novela de Toriño e Feixó: Monte Louro

Posted: Xoves, Agosto 27th, 2009 @ 11:16 a.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en a novela de Toriño e Feixó: Monte Louro

Si seguramente, os dous estarían de acordo nela. Unha novela que relata o funeral por Castelao, o seu enterramento no Bos Aires do desterro ao que o condenou a imposibilidade dunha vida xusta baixo o imperio da maldade que Franco desatou, da maldade e da inquina por calquera cousa que significase “periferia”. Como non relatalo? […]

Monte Louro, subliñados e comentarios

Posted: Mércores, Agosto 26th, 2009 @ 11:11 a.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en Monte Louro, subliñados e comentarios

Os soños auxíliannos cando a realidade parece unha guerra sen tregua, e ata perdida. Os soños ocupan esa terceira parte da nosa existencia que dedicamos ó repouso. Os soños garanten que, polo menos, no mundo vai haber un terzo de xustiza. (347) …………………. Leu a poesía iberoamericana da época, tan emparentada coa do 27 español; […]

estrela azul de laxe

Posted: Martes, Agosto 25th, 2009 @ 12:26 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en estrela azul de laxe

Na miña memoria futboleira, o Estrela Azul de Laxe, ocupa un lugar sobranceiro. Era o equipo da parroquia, e cando xogaba nel significaba que estaba de vacacións. Hoxe non existe nin o campo, o Estadio “El Pinar”, que ese nome lle deron os da FEF. Hoxe é unha entulleira. A ver se os da Memoria […]

lunfardo

Posted: Luns, Agosto 24th, 2009 @ 12:48 p.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA, VARIA NATURA | 3 Comments »

Que non lumfardo. Explícome. Xa saben que ando metido na escrita dun relato en lunfardo. Porque fun escoller o lunfardo? Pois porque é unha lingua marxinal. A ver se os especialistas internacionais en linguas marxinais-marxinadas toman conciencia do caso galego. E para que os propios galegos tamén tomen apuntamento. Son desvíos ocorrentes. A razón principal […]

folión de carros 09

Posted: Domingo, Agosto 23rd, 2009 @ 2:35 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

Outro ano máis, as carrozas. Outro folión sumamente decepcionante. Outro ano máis o teño que escribir. Aquela manifestación da cultura popular deveu nun repudioso acto-escusa para que os nenos ben da vila presuman empolingrados nelas, para que os emigrantes leven unha foto e fachendeen de “enxebreza por un día”. Quen ía nos carros, antes, non […]

festas

Posted: Sábado, Agosto 22nd, 2009 @ 11:08 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA, VARIA NATURA | 2 Comments »

Mediados os noventa, andabamos moi peocupados co declive das festas. En Alem-parte, en Achantada, naquel ferver de inquedanza cultural que viviu a vila nos 90, este era un dos temas fixos. Porque, a ver, quen non ten gana de festas? E se a xente ten gana de festa porque ese esmorecer? Da primeira pregunta, a […]