ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

folión de carros 09

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 23 Agosto 2009 @ 2:35 a.m.

Outro ano máis, as carrozas. Outro folión sumamente decepcionante. Outro ano máis o teño que escribir.

Aquela manifestación da cultura popular deveu nun repudioso acto-escusa para que os nenos ben da vila presuman empolingrados nelas, para que os emigrantes leven unha foto e fachendeen de “enxebreza por un día”. Quen ía nos carros, antes, non eran precisamente eles, senón paisanos.

E digo eu que, se niso se permitiu (que non se debera, porque é como arrincarlle o corazón) con máis razón se debera anovar noutros sentidos. E dígoo, sendo consciente de que unha carroza na que eu participaba, foi a primeira en levar xente fóra do carro. Foi polémico, estivo ben, e este ano varias carrozas levaron tamén espectáculo fóra da carroza.

Mais é que, señores, a nº 5 non gardaba o mínimo rigor histórico. Imaxinación si, rigor histórico tamén. Non se lle debera permitir a saída. Iso e reclamarlle os cartos da subvención. Que llela deran os de LVG, que boa propaganda gratuíta, e falsaria, lles fixeron.

Alén diso, as carrozas tamén serven para escoitar/ver como “os de fóra que eran de aquí” xa son tan de fóra que  confunden bois con vacas.

-Mira, hazles uns foto a esas vacas tan bien plantadas

E eran bois!

Ou como a outros se lles ocorre xunta varios burros e algunha burra. Os burros, como é natural, queceron e querían montar na burra, non parando quedos.

Triste. E non lles entro en máis miudezas, que estamos de festa.

2 Comments

  1. Ailalá:

    Concordo con vostede en case toda a análise. Aínda así, teño que facerlle unha pequena crítica. A que é debido que esto sexa así? Se non hai outra xente que lle de outro xeito, de quen é culpa?
    Aos que pensamos que os carros son un escaparate para que (maioritariamente) a “pijería” do pobo se luza, tamén nos ten que dar vergoña non ser quen de viralo, xa que en Chantada hai moita xente.
    Por último teño que recoñecer que o que si ten mérito é esa pequena porcentaxe de xente de case que todos os carros, que están traballando moito tempo neles.
    Os que máis me “repatean”, son os que se soben o día do “desfile”, tendo como único mérito buscar uns trapos na casa para poñerse “guapos” e a lucirse.
    É unha cuestión de todos que eso non sexa así, mesmo os que criticamos e non facemos outra cousa. Saude.

  2. xmeyre:

    Quen mangonea, para ben e para mal, é unha asociación privada. Amigos do Folión, creo que se chama. Eles son os reponsábeis. Nela nesa asociación seguro que hai máis xente que pensa coma nós. Imaxino que son eles os que mellor poden virar a situación.Desde fóra, o que podemos é facer presión.
    Ocórreseme tamén que, cando se entrega a descrición que se vai ler mentres cando o carro pasa diante xurado, non estaría mal que fora obrigatorio acompañala cunha relación dos figurantes da carroza, quizá así se evitara a “barra libre” de subir nunha.
    Grazas polo comentario, Ailalá

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.