ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

lunfardo

Filed under: LINGUA,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA,VARIA NATURA — 24 Agosto 2009 @ 12:48 p.m.

Que non lumfardo.

Explícome. Xa saben que ando metido na escrita dun relato en lunfardo. Porque fun escoller o lunfardo? Pois porque é unha lingua marxinal. A ver se os especialistas internacionais en linguas marxinais-marxinadas toman conciencia do caso galego. E para que os propios galegos tamén tomen apuntamento. Son desvíos ocorrentes. A razón principal é que me atrae ese mundo malevo, a razón principal é literaria.

A opinión maioritaria é que lumfardo provén de lombardo, facendo referencia á emigración italiana. Parecido hai. Porén, para min que a evolución entre lombardo e lumfardo é bastante forzada, mesmo ao revés sería máis plausíbel. Mesmo lin por algún lado etimolía no francés lombard, inclusive do grego

Otilia da Veiga (escritora, poeta, esnsaísta, historiadora, investigadora, correspondente da Academia Porteña do Lunfardo), que o deriva de lunfa ( ladrón primeirizo, en portugués) e me parece moito máis asisado e lóxico.

O lunfardo non deixa de ser unha lingua nacida da mestizaxe, á que, en puridade, non se lle debe chamar “artificial”. En realidade non pasa de ser un repertorio léxico, unha mestizaxe de termos de moi diferente procedencia. Tamén procedencia galegoportuguesa, en máis palabras das admitidas deica agora.

Por exemplo:

Buraco: por oco. Non é barbarismos senón galeguismo

Gayola: por gaiola. É máis axeitado como galeguismo que como termo que provén do caló xitano

Rúa: rúa

Amarrete: por tacaño

Apampado: por desorientado. Palabra curiosa, seguramente formada na Arxentina mais estendida desde o galego

Batifondo: por desorde

Cancel: por cancela

Carozos: ollos

Chamuyar: por murumurar, chamullar

Chantar: no sentido galego, en cast, hai que botar man de xiros con “endilgar”. Piantar semella tentativa de acomodar ao castelán. Non é obrigado recorrer ao ciantà italiano

Chiflado: por tolo

Chumbo: balazo

Un corno (importar)

Dona: muller

Encanastado: preso (puidera ser tamén, do noso canasto¨?)

Engayolado: por engaiolado

Enguiyarse: enriquecerse, furar, como se fura na pel ou coiro dos animais coa “guillada” ou “aguillada”

Fame: fame

Fariñera: arma branca de grandes dimensións

Finir: morrer (tamén podería ser?

Grela: por muller de medio ambiente, mugre (outra tamén posíbel?

Grilo: carteira ( e tamén)

Guiyado: que ten moitos cartos, que enguiyou, vid. antes. Guiye é estafa e Guiyar é estafar

Malerba: orinaria ( ou de mala herba?)

Rúa: por iso, rúa

Sequeira: persoa indixente

Trabucarse: por iso, por trabucarse

Eis algúns exemplos de entre o vocabulario que eu manexo.

Cousa de estudar máis polo miúdo.

3 Comments

  1. ferradura en tránsito » de gaita a testa,máis sobre o lunfardo e o galego:

    […] arredor das 13000 palabras, eu manexo un vocabulario moito máis reducido, unhas 4.ooo. Ás xa citadas anteriormente, ben se poden engadir […]

  2. ferradura en tránsito » outros galeguismos do lunfardo:

    […] 1 […]

  3. escraches: a evidencia, a manipulación e a ignorancia | ferradura en tránsito:

    […] arrabaldeira e tanguista. E ás listaxes de palabras do lunfardo con posíbel orixe galega ( 1, e 2) igual ben se pode engadir esta ESCRACHE, ben parecida ao noso ESCACHAR, que lle acae moi ben a ese […]

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.