ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

a novela de Toriño e Feixó: Monte Louro

Filed under: CRÓNICA DA CRÍTICA — 27 Agosto 2009 @ 11:16 a.m.

Si seguramente, os dous estarían de acordo nela.

Unha novela que relata o funeral por Castelao, o seu enterramento no Bos Aires do desterro ao que o condenou a imposibilidade dunha vida xusta baixo o imperio da maldade que Franco desatou, da maldade e da inquina por calquera cousa que significase “periferia”.

Como non relatalo? Poucas se pintan así de calvas, e despois que non digan que o autor non tira pola casa.

Pois non, tira ben pouco.

Explícome. Teño que rebaixar un tanto o que onte escribín. No bon e no malo. Aclaro, agora só me restan por ler unhas vinte páxinas. E a provisionalidade dos comentarios, polo tanto, redúcese considerabelmente.

A novela, para ser ben xustos, hai que analizala friamente, desapaixonadamente.

Primeira matización. Ben escrita está, mais tampouco é para tanto, o narrador resulta pouco áxil, peca de excesiva verborrea, aínda que esta agrade a moitos lectores polo ocorrente que é, basicamente só ten unha función relevante: empastar as tres historias que onte mencionei. Entre elas e cunha cuarta, a cuarta parte, que ten momentos moi interesantes  ( o do frenopático é sinxelamente delirante, xenial) mais non agacha o forzada que é. Consiste no que esclareceu Olga, sobre o seu pai Delio-Artemio-Iago, e ao principio resulta pura repetición da xoga, comentario sobre o xa narrado.

Segunda matización. Dixen que estaba escrita en clave madrileñí, e mantéñoo. No lido onte, hai un momento, despois de volver por aquí Iago-Artemio-Delio, no que se di que  estivo a piques de desembarcar no galeguismo (ou nacionalismo?) desde o seu amor pola lingua galega. Pasa xusto antes de tolear. Non só non amaina o da clave madrileñí senón que  o remarca. Sublíñao, por se fora pouco a reducidísima presenza da cultura autóctona na emigración e/ou exilio porteños. Na fronteira do insulto á realidade.

Terceira matización. No lido onte tamén hai unha fixación por reparar o esquezo. E méntase moito a evolución política arxentina. Sen ela a novela acentuaría moito, moitísimo máis, ser árbore sen raíz, unicamente melodrama interior  e punto. Porén, a política que aquí achamos non pasa de espectáculo que rodea os acontecementos novelados, alleo ás personaxes.

Conclusión 1: Nin os galegos temos porque tragar calquera cousa por ben escrita que estea, nin estar ben escrita  é coartada para que os críticos debamos recomendala sen advertir do maniqueísmo anti-galego que contén.

Conclusión 2: Feixó e Touriño, felicísimos de celebrar o santo (Castelao)…iso si, esquecendo posteriormente todas as reivindicacións do santoral (nacionalismo). A razón? Pois que segundo eles o nacionalismo debe ser algo así como unha aberración histórica a corrixir polo seu (deles) recto xuízo.

Conclusión 3: É unha novela á antiga. O narrador non sabe ser o do século XX nin do XXI, concibe o lector como un espectador pasivo, como o público dos chous televisionarios, a súa función é aplaudir.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.