ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

de gaita a testa,máis sobre o lunfardo e o galego

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA,VARIA NATURA — 28 Agosto 2009 @ 2:07 p.m.

Vou atopando máis palabras,  neste repertorio léxico tan particular, con orixe no galego. O lunfrado, polo que sei, conta arredor das 13000 palabras, eu manexo un vocabulario moito máis reducido, unhas 4.ooo. Ás xa citadas anteriormente, ben se poden engadir estas:

GAITA: é como se lles chaman aos galegos, en lunfardo

CANILLA: é, en lunfardo, un vendedor de xornais ambulante. Malia que ” O Canillita” o popularizou un sainete de Florencio Sánchez , xa a mesma CANILLA é moi propia do galego.  O nome vén de que levaba as canillas ao ar. Non quero eu negar a influencia do italiano, sería necio. Porén sospeito, e máis que sospeitar, que no lunfardo hai ocasións en que o galego tamén pode explicar convincentemente

CAÑOTA: é así como lle chaman ao cárcere, entre outros sinónimos

CHARAMUSCA: xoias de pouco valor

CHIRLO: Outra na que a orixe galega tampouco é desprezábel

DESCANGALLADO: mesmo significado que no galego

CHUZA:  látego, non ten que ser obrigatoriamente castelá

PITUCO: persoa alta e fraca. Ocórreseme que ben podería tamén ser derivada do galegoportugués, sen ter que recorrer ao ruso.

AGUANTIÑAR: por aturar, como mínimo a sufixación parece ben clara

CHAPAR: agarrar

DONA: por muller

FANEGA: por tonto

FILAR: mirar fixamente, polo menos parecese moito ao noso “fitar”; tamén serve para “ligar”, acepción medieval de “coller moz@”

GAMBA: perna, a orixe estará no francés ( creo) jambes… e non xogariamos algún papel na acomodación?

TESTA: é corrente recorrer ao italiano para todo, inclusive para palabras como esta, a italianite nos estudos sobre lunfardo ameaza con fagocitar todo. O pouco necesitado recoñecemento da lingua galega, tamén xoga na nosa contra. Como dixen, cousa de estudar máis polo miúdo. Curioso, o lunfardo casa moi ben dentro do galego, tan ben como o lunfardo dentro do castelán arxentino ou do italiano. Ou incluso  mellor. Heilles adiantar algún pedazo do meu relato.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.