ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

italianite

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,LINGUA,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 29 Agosto 2009 @ 12:05 p.m.

Chamar, chamoume a atención sempre. A italianite dos arxentinos é inclusive moi perceptíbel desde aquí. Teño familia alá, xa unha familia afastada, e contactos, máis ou menos regulares, con arxentinos. Unha cousa que lles observei é que, fóra da Arxentina, nunca denigran, nunca falan mal dos arxentinos italianos, por máis que alá lles chamen tanos ( non cariñosamente), mentres nós temos que aturar os famosos “chistes” ( lembran o de Parrota/Muleiro? ).

Como levo un tempo mergullado no lunfardo e na Arxentina, déuseme por completar reflexións. O de que o italiano sexa santo e remedio para explicar calquera cousa, calquera palabra ( escura ou non ) do lunfardo, resulta espectacular. Xa sei que o galego non é tan coñecido como o italiano, mais a emigración non é menos importante. PARÉNTESE: UN COÑECIDO MEU ADOITA DICIR QUE OS ITALIANOS, OU O SANGUE ITALIANO, SÓ SERVEN PARA XERENCIAR ( E ARRUINAR ) O QUE OS GALEGOS CREAN, DESDE O PROPIO GOEBERNO DA REPÚBLICA AO CLUBS DE FÚTBOL.

De onde sae logo tanta italianite?

Onte cheguei a unha conclusión, cóntolles. Situación: os emigrantes galegos teñen que utilizar unha lingua que non é a súa natural, pode resultar lóxico pensar que fóra da Galiza non se van poñer a reivindicar o que aquí se lles ensinaba a odiar; os italianos, que sempre foron  moi de botar por fóra, en fronte. Que se pode agardar? Pois iso, italianite subida na parra. E se ademais contamos conque os Centros Galegos tantas veces só son Centros da Morriña para “pulpadas e celebracións varias” ademais de auxilio médico…Vamos, que reivindicar poucos reivindican, lembran o caso de Celso Emilio en Venezuela?

E de aí o interese do PP, e moi tamén do PSOE, en que nada mude nos Centros Galegos. Uns Centros Galegos reivindicadores serían un grave problema. Disto saben moito, por experiencia propia, os lectores de galego, lembran o caso de Olga Novo?.

.. non te movas e sairás na foto!

Agardemos que, dunha vez por todas, a xente canse de que os mangoneen… e comecen a  ter vontade propia…é o primeiro síntoma de que a liberdade está cerca.

(E, por certo, aos países receptores iríalles moito mellor)

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.