ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

poesía, política, prensa e frustración

Filed under: Sen clasificar — 30 Agosto 2009 @ 12:40 p.m.

Na maioría da xente, a poesía provoca unha frustración. Cal? Pois que agardan enfrontar un festival estético, unha demostración de pirotecnia verbal que exhiba a aliaxe entre a estética sublime da palabra e  o sentir (pensar) profundo d@ poeta. E erran, a poesía non é iso. E como non é o que agardaban, desisten e non compran e, polo tanto, tampouco len.

Que é logo a poesía? Evidentemente fica continxente residual de títulos recentes que poderían, dalgunha maneira, entrar nesa definición. Porén a poesía actúa ( e tamén a clásica, e non tan no fondo ) é un convite á reflexión; un diálogo directo entre o sentir/pensar ( o único realmente certo daquela primeira definición) d@ autor(a) e  o lector, sen esixir interposición ou intermediación de fábula de calquera tipo.

A loita pola poesía é a loita contra os prexuízos sociais.

Tamén na política. Resulta curioso que a prensa veña utilizar o sentido moderno da lectura para manipular o lector. Xa o teño denunciado nesta bitácora, sobre todo a propósito de informacións tiradas de EP. Manipulación realmente maquiavélica e memso insultante. Cando o que agarda o lector de prensa e informativos, é que denuncien irregularidades, que fiscalicen a vida política, con clareza e sen ambigüidades.

Algúns exemplos. Feixó garante que serán intocábeis os gastos en Servizos Sociais, Educación e Sanidade. O titular tranquiliza. E debería intranquilizar. Porque o que quere dicir é que non se van gastar menos cartos mais: haberá menos cartos, seguro, para a pública e moito máis pastel para a privada, para o (o)pus dei.

Non contento, o Habichu(e)lo, pois agora vai e “fronte aos que querían apropiarse del, Feixó reclámase democratizador do sentimento galego” (Noten, galego e non galeguista nin nacionalista; porén a gravidade non diminúe) Vamos, Feixó denuncia que había quen se quería apropiar do sentimento galego ( os nacionalistas, claro, quen ía ser!). É dicir, el, o Habichu(e)lo non se sente integrado no sentimento galego nacionalista, porque o sentimento galego ten que ser por forza nacionalistas, como o é o francés, ou o italiano ou calquera outro. E non se pode democratizar nada no que non te sentes partícipe, esa democratización ten que partir de dentro e non de fóra.

Outra vez, información con esa segunda lectura, mais o corpo da noticia, o contido non é denunciante senón simple corre de transmisión do ideario habichuelístico. Exactamente igual que esta de EP. saliento un pedazo:

El presidente de la Xunta abrió ayer el curso “de la efectividad”, partidario de dejar a un lado localismos y “discursos identitarios” para centrar toda la atención en las familias.

Santificación, ratificación, das mentiras e prexuízos sementados polo PP durante o bipartito. E o EP non estba contra o PP?

6 Comments

  1. comisionado:

    Se se molestase en ler con algo máis de rigor prensa -tamén novelas, pero ese é outro cantar(e)-, chegaría á tristísima pero certa conclusión de que EP é, neste intre, o único xornal contundentemente en contra da Xunta de Feijóo.

  2. xmeyre:

    Non cómpre pasar moito traballo para decatarse de que EP só está en contra de determinados puntos da política habichuelística. Persístenme moitas dúbidas no tocante á lingua e cultura galegas. E tendo a pensar que determinadas informacións, chamémoslles “erróneas”, ás veces, ou son produto das présas ou dunha forma de redactar perversa e á vez inocente. Ninguén está libre errar, mais perseverar no erro…
    Como tampouco hai que pasar traballo ningún para decatarse de que, cando escribo criticando EP, ha de aparecer alguén malhumorado para “darme leccións” de rigor, esquecendo que o rigor está moi ben ( e, como di o PP, a min ninguén me dá leccións diso ) mais primeiro cómpre saber que nin ler nin escribir consisten en xuntar letras.
    Boa sorte, e boas lecturas, meu.

  3. comisionado:

    A tentación berlusconiana Argumenta Santiago Rey en “La voz de la calle” http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2009/08/30/0003_7937628.htm o artigo no que conmemora o seu setenta e un aniversario que él é un simple notario da realidade, un editor que se limita a transcribir a opinión común que calquera de nós pode escoitar se atende aos que o rodean.

    É, por suposto, unha enorme mentira. “La Voz de Galicia” está cada vez máis lonxe da pretensión de obxectividade ou neutralidade. O escrito de hoxe ven a confirmar a vontade de intervención directa do xornal na práctica totalidade dos asuntos que concernen ao país dende a óptica non tanto da dereita local como da visión tan aqueixada de presbicia do seu editor, que terá moitos defectos pero ao que non lle faltan arrestos para pretender poñer a todo o mundo que se deixe en fila.

    É unha novidade que corre parella aos cambios no papel da prensa en España e, particularmente en Madrid. Por suposto La Voz sempre pretendeu influír pero, no pasado, os seus puntos de vista tendían a coincidir cos do establecemento, significara iso o que significara. Non buscaba a mobilización da opinión pública.

    Pero iso deixou de ser así dende hai máis ou menos -se a memoria non me falla- seis anos, cando, despois da desastrosa xestión dos seus fillos, o propio editor tomou o goberno da nave. Dende aquela, “La voz de Galicia” parécese cada vez máis e “El Mundo”. Non só porque comparta o apoio cada vez menos disimulado ao PP, e en xeral por pretender representar os puntos de vista conservadores, sen apenas concesións á galería, senón porque, dende que o editor se puxo as botas de director “La Voz” pretende exercer a dirección real do país.

    O artigo de hoxe é unha advertencia. Nel o editor sinala a súa axenda, que ha de ser tamén a de goberno e oposición. Quen non a comparta -quen non lea ese artigo con atención e procure conformar a súa acción aos puntos de vista aí expresados- sabe que será obxecto de excomunión e de vingativa vendetta. Aí está decidido dende onde tería que estar a sé dunha hipotética Caixa resultante da fusión das dúas hoxe existentes ata a nemiga contra as autonomías que se exceden no gasto -todas, por suposto- pasando pola confirmación da condea contra Quintana.

    Pero de feito o máis misterioso do escrito non é o listado do que Santiago Rey e o seu xornal considera prioritario -ao fin e ao cabo límitase a repetir o catálogo das súas peculiares manías- senón a advocación á “sociedade civil”. Iso, nun contexto como o deste artigo sona a tentación Berlusconiana. Non é probable que pola cabeza de Don Santiago pase configurar ou darlle mecha a algo parecido a “Cidadans de Galicia”. Pero ¿quen sabe?.
    Categorías
    UncategorizedCompartir: 4 comentarios to “A tentación berlusconiana”O Señor dò Eume meu comenta: 30 Ago 2009 a las 17:04

    Benvido a casa, Antóin! o Don Santiago me ten gracia, quere importar o modelo , noin sei se con pilitronchas e demais mulleres
    xOsse dorrio comenta: 30 Ago 2009 a las 23:46 Trátase dunha cuestión de supervivencia. A prensa de papel está moi tocada pola irrupción das novas tecnoloxías que lle resta afluencia e influencia. Santiago Rey, consciente disto, pensará que o que máis aguante quédase co mercado dos que se rendan,… e nesas andamos. Mentres tanto, para ir tirando cumpre ter contento o gobernante de turno (que é quen subvenciona) e ó poder ecónomico (que é quen paga a publicidade). Ó lector que lle den!
    xos comenta: 30 Ago 2009 a las 23:57 Pois para querer manter o mercado, ultimamente perdeu bastantes lectores que pasamos dela. O que non sei é se é significativa a perda, ou somos catro pelagatos os do boicot (eu persoalmente xa non a lía desde bastante antes das eleccións). Malia todo, é difícil, e creo que o sabe e por iso está rabioso, que a Voz manteña a longo prazo esa tremenda influencia. Poida que sexa minoritario un sector de lectores de prensa que se toman xa a coña as informacións da Voz, pero quizáis medre ese número
    Antón Baamonde comenta: 31 Ago 2009 a las 02:35 Se un mira a medio prazo a verdade é que “La voz” non o ten fácil. Padece, como todos os medios, a crise da prensa escrita e, pásalle como a todos os medios de referencia -o caso de “El País”- que a súa posición central reséntese da cultura mosaico -da proliferación de cabeceiras e canais de comunicación-. Para ningún xornal é fácil artellar o relevo xeracional.

    Ademais está, claro, o aspecto empresarial, sobre o que sabemos pouco, e tamén a fortaleza financeira, dada a ausencia de transparencia, mesmo nas subvencións públicas.

    Pero ben, todo iso son cuestións previas. Está claro que a prensa en Galicia pouco a pouco está pasando de ser prensa local a prensa de tendencia. Levaralle anos, lustros, tal vez decádas, pero xa está comezando a suceder esa transformación.

    Que “La voz” sitúase á dereita está claro -non así os seus lectores que en grande medida sono progresistas-. O oco está no outro lado -só a edición de Galicia de “El País” cumpre hoxe coa función de alimentar outra visión e veremos que pasa co Xornal.

    Por certo: En Andalucía IU e PSOE non teñen empacho en desacreditar como prensa de dereita ao ABC sevillano, que é o equivalente local da Voz. Aquí, sen embargo, abonda con consultar as hemerotecas dende o un de marzo para comprobar como as honras -diría máis: a pleitesía- continúan.

    De feito, toda a crítica á Voz ten sucedido na rede, susceptible por definición de chegar a segmentos moi limitados de xente. O lector medio da Voz non pode entender ata que punto está ese medio na mesma batalla que Rajoy ou Feijóo porque, dende logo, nin PSdeG nin BNG se atreven a poñer en solfa as campañas que orgaiza ese medio -da Cidade da Cultura ao soporte a GB pasando polo ataque e derrrube da campaña electoral.

    En privado, todos son moi valentes pero á hora de expresarse en público ante uns micros ou unha grabadora….

  4. xmeyre:

    Vale. Podo compartir esa análise do contexto, sen problematizar demasiado. Ora ben, pretender que EP teña unha idea de Galiza, para máis: unha idea de Galiza diferente á de LVG….ai, a miña imaxinación non dá para tanto. O que se vén demostrando é que a Galiza ideal de EP é a mesma Galiza ideal de Gal. Bil., é dicir: a Galicia ideal de LVG, da FAES e dos opuses que a mangonean: moito castellanito fino adalú-madrileñí, e paus ao galego, á cultura galega, a calquera cousa que represente identidade galega. Cunha salvedade: EP dá por tras, para moita xente, e agacha a man. A posición cavernícola de LVG non é nova, senón evolución lóxica da demencia senil -Non hai máis que ler o artigo que cita Comisionado, a un ególatra desinformado, pretensioso, intransixente, etecé etecé…o bon gusto cívico debería prohibirlle escribir nin no papel do váter- porén EP vai de progre (cada vez menos), quere ser percibido como unha alternativa cando en realidade a prática/plática diaria demostra que só o mesma rabia antigalega con distinto colar.
    Cando EP demotsre unha praxe na que a cultura galega non sexa subsidiaria, unha praxe galega exenta de autoodio ao propio…entón poderemos empezar a respectar a EP.
    Mentres, polo seu propio ben, toda a caña posíbel.

  5. comisionado:

    Perante a profundidade da súa análise -“mesmo can con distinto colar”, etc.- só me queda unha opción: chapeau!

  6. xmeyre:

    Pois chapeau, Comisionado EP, pretendías censurarme deiche cancha…para rematar confundindo unha conclusión cunha análise!
    Parabéns pola inocencia, parabéns a EP por tan entusiasta defensor e morra o conto.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.