ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

a prensa, servizo público?, (seguindo coa lectura)

Filed under: LINGUA,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 31 Agosto 2009 @ 10:42 a.m.

Non coñezo nin manual nin tratado que dea conta, polo miúdo, de como se producen os procesos lectores aleatorios, e como inciden na conformación da maneira de pensar dos individuos. Unha maneira de pensar, un tipo de pensamento logrado desde a pegada  de informacións fragmentarias (case sempre categorizadas). Esa pegada, nos dous sentidos, superpón, xerarquiza, segundo a vontade do individuo, mais tamén é certo que o individuo non pode controlar todo o caudal de informativo que lle entra,  co cal dá lugar  a aliaxes cohiponímicas molestas.

Uff, reflexiono en voz alta.

E non cambio de tema. En teoría, a prensa é un servizo público. E diso vive.

Lembremos que hoxe existen, convivindo, dous tipos de lectura: a clásica, dogmática, non prevé a participación do lector máis que para a asimilación; e a anovadora, que esixe esa participación porque quere que cada asimilación sexa individual e individualizada.

Volvemos. A prensa está  xogar, perversamente, con estes dous tipos de lectura, si. De xeito que o lector común nunca sabe cal delas operar, porque tampouco as coñece. A prensa, aínda que sexa porpura intuición ou deformación profesional, si.

Se non reliza labor informativo universalmente críbel, a prensa é un servizo público?

Mais ben parece un servizo público ao servizo de intereses particulares.

Hoxe, ninguén dubida que desinforma tanto como informa. Nin tampouco que o descontrol provocado resulta moi útil a determinada ideoloxía política. E sempre hai quen lembra o da “liberdade”, vamos: o eu son libre de poñer o que me sae das pelotas. Ben, mais poñendo o que che sae das pelotas non realizas ningún servizo público por moito que todo o orbe lea o que escribes.

Veño de atopar certas noticias que ilustran o dito. Por exemplo esta, na que se pide a devolución duns cartos por non realizar un servizo público, moi contrario ese medio (LVG, sobre todo, mais tamén EP) combáteo. Vergoñento.

Perversidade que fai pasar por servizo público o que é privado, estritamente privado.

E velaquí outras, nas que se nota máis áinda, se cober, Por exemplo a da “manifestación mundial contra Chávez” convocada par ao 4 do mes que vén. Chávez, un presidente democraticamente electo, que trata de ser derrubado antidemocraticamente, que trata de ser derrubado NO NOME DA DEMOCRACIA.

Crer que os cinco integrantes do grupo convocante  o fan libremente, é aventura para ilusos, como crer que as “cartas ao director” reflicten o sentir da xente cando en realidade están concebidas para condicionar, direccionar o pensamento da xente. O único certo é que os mass media se apresuraron a crear a noticia, porque tal mani non existiría se non se crea noticia, ou coma se non existise. O tratamento que os grandes grupos mediáticos lle dan a Chávez é, outra máis, VERGONZOSO.

Loitar contra toda esta podremia, é un deber cívico inadiábel e de mediata urxencia para quen crea na DEMOCRACIA aínda que sexa con minúsculas.

Non viviriamos moito máis tranquilos sen so mass media?

Pois ou lles facemos recuperar o sentido da DIGNIDADE e da IMPARCIALIDADE…ou imos dados.

E só nós o podemos facer. Ti,el,ela, nós, vós, nosoutros, nosutras, vosoutros, vosoutras e cada eu.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.