ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Agosto, 2009

en Monte Louro: a sociedade ideal do PP

Posted: Venres, Agosto 21st, 2009 @ 12:09 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en en Monte Louro: a sociedade ideal do PP

-Falta moito para termos os cartos?-preguntoulle á súa nai cada noite, entre o pote das meigas e a enésima lectura das cartas de Lina, para escoitar sempre a mesma resposta: Que présa hai. Era unicamente unha fórmula da que Xaviera botaba man como de oficio, sendo ela mesma a que menos cría na aparente tranquilidade […]

chiquilicuatre sen eurovisión

Posted: Xoves, Agosto 20th, 2009 @ 10:50 a.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en chiquilicuatre sen eurovisión

Maquivélico. Maquiavélico a máis non poder. E indignante. Moi indignante. Vén agora o chiquilicuatre este do Xesús Vázquez, outra máis xogando ao despiste, que non, “que non están pola segregación”. E acusando, que seica o bipartito segregaba por cuestións ideolóxicas. MIMÁAAAAAAAA… E eu sen decatarme. Só dúas cousas poden impedir que non haxa segregación: os […]

viva a crise, crónica-post-teatral

Posted: Mércores, Agosto 19th, 2009 @ 10:42 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en viva a crise, crónica-post-teatral

Á Mostra de Teatro Popular, fun. Dás un paseo e, se che interesa, quedas e pasas un cacho agradábel. Eu teño certos reparos con respecto a esta mostra. Ás veces chámolle Teatro do Carallo, pola tendencia a botar moitos carallos e conas oportunismos así porque son cousas que fan rir. Ás veces mesmo daba a […]

os carballos, a loita

Posted: Martes, Agosto 18th, 2009 @ 10:55 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA, VARIA NATURA | Comentarios desactivados en os carballos, a loita

Os carballos, un dos símbolos deste país, están ameazados. Seica un becho negro lles come folla,  e seica é moi voraz, e aínda que non chega a matalos de vez seica lles altera moito o ciclo vital.. Esta información, que me transmite un camarada, do sur de Ourense, faime pensar nun documental que vin o […]

toques

Posted: Luns, Agosto 17th, 2009 @ 12:52 p.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en toques

Costume moi estendido, ese dos toques. Cando chegue douche un toque. Cando remate douche un toque. Se podes vir á festa dáme un toque. Puntos suspensorios. Punto aparte. É dicir, discar (préstame máis que marcar) o número e deixar que soe un chisco. Proemio. Establecemento de chamada. É dicir, como se un mudo abrira a […]

fútbol e grandeza

Posted: Domingo, Agosto 16th, 2009 @ 12:07 p.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en fútbol e grandeza

O fútbol conecta directamente cos soños de grandeza que aniñan no ser humano. Castelao and company sabíano moi ben. Eran seareiros convencidos. Os presis de Celta, Depor and company, se non o saben, intúen a forza que gravita destrás das paixóns. Independentemente diso, é un deporte que me atre. Ben é certo que non coñezo […]

galiza: cidade oculta: canto nos falta?

Posted: Sábado, Agosto 15th, 2009 @ 11:22 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en galiza: cidade oculta: canto nos falta?

A humanidade sorprende pola súa deshumanización, en calquera época da historia, ninguén vaia crer que vivimos na mellor época coñecida porque viaxamos en auto  esas cousas. Un bon exemplo diso son os MUROS DA VERGONZA. É dicir, falamos da teima que lles entra algúns conxéneres, que para nada merecen  aplicación do termo humano. A Historia, […]

desafío

Posted: Venres, Agosto 14th, 2009 @ 1:36 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en desafío

a que alguén, quen sexa, me indique UNHA, non pido máis, só UNHA, decisión, medida, acordo, como queiran chamarlle, tomada polo PP na Xunta, que revertira favorabelmente nalgún sector produtivo ou cultural. A ver. Tristemente, o PP , se dá unha a dereitas é proque a oposición lle impide que o faga doutra maneira…Ou iso […]

dúas primeiras paradas en Monte Louro

Posted: Xoves, Agosto 13th, 2009 @ 11:28 a.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en dúas primeiras paradas en Monte Louro

Tempo de prórroga para a infancia. O descubrimento de que a pobreza e mais o orgullo non poden ir da man. De que, na pobreza, simplemente non cabe o orgullo. Só a vergonza, cando non o odio a un mesmo (p.26) ………….. RELEO ESTE SUBLIÑADO, XUSTO NATES VIÑA DE LER ISTO. Palabras clave:  pobreza, orgullo, […]

qué tan lejos, tan cerca

Posted: Mércores, Agosto 12th, 2009 @ 9:54 a.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en qué tan lejos, tan cerca

Escribo agora, esta anotación que vós ledes no hoxe que para min é mañá. Escribo agora, contaminado, aínda mollado das sensacións que me foron espertado. Escribo agora, aínda conservadas na retina as imaxes que a porta aberta me ensinou. Escribo agora, para que, se tedes oportunidade, non perdades ocasión de acercarvos á marabilla. A película […]