ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Setembro, 2009

oficializar a Franco, eu desafío

Posted: Mércores, Setembro 30th, 2009 @ 10:34 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en oficializar a Franco, eu desafío

Establecer paralelismos ou correspondencias entre a  ficción e a realidade, ultimamente resulta excesivamente doado, perigoso, paradoxal e imprescindíbel. Avanzando na lectura de Mercurio, teño por diante unha trama consistente, ben organizada, na que o crime non é un acto extraordinario e esporádico senón que está ben incardinado no entramado social lugués. O realismo que desprende […]

negros e galego ( e Lugo )

Posted: Martes, Setembro 29th, 2009 @ 10:18 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en negros e galego ( e Lugo )

As lecturas que tiña programadas para esta semana, polo pronto, van ter que agardar; antonte esquecéronme no local onde Ío celebrou o aniversario, e non poderei ir por elas deica mañá. Vivimos tempos de tamaña confusión, que igual se me contaxiou, e miratí que ben pode ser peor que a Gripe-A. A todo isto, non […]

o mellor corte

Posted: Luns, Setembro 28th, 2009 @ 10:20 a.m. in VARIA NATURA | Comentarios desactivados en o mellor corte

O forasteiro pagou uns vasos. Ninguén é forasteiro nunha feira, se sabe falar cos do lugar. O Amador e o Delmiro, que acababan de chegar, agradeceron ben o convite e, entre alusións á dureza da vida, do esforzado do traballo ou do negocio escaso, malia ser a Chantada, daquela, unha das feiras referentes na Galiza, […]

Os Bolechas

Posted: Domingo, Setembro 27th, 2009 @ 10:22 a.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Os Bolechas

O  proxecto de Pepe Carreiro é, non se pode negar, unha iniciativa que fixo máis pola normalización do galego que todos os DXPL xuntos. Desde hai ben tempo, arredor de dous anos, máis ou menos, existe o proxecto de levar o fenómeno Bolechas ao audiovisual. Este inverno, todo parecía ir ben encamiñado. A produtora de […]

Daxa

Posted: Sábado, Setembro 26th, 2009 @ 11:15 a.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Daxa

Non teño o pracer de coñecer a Daxa ( Daria ). Sei dela logo de ler o correo-e dun camarada. O correo intitúlase “Algo de esperanza”. Conta que Daxa ten once anos, que é filla dun ourensán d´A Rúa, que foi castelanfalante deica que deixou a emigración para retornar á aldea. A nai é rusa. […]

entre o leixaprén e Queneau: Agustín Agra e as solidariedades lectoras

Posted: Venres, Setembro 25th, 2009 @ 10:24 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en entre o leixaprén e Queneau: Agustín Agra e as solidariedades lectoras

Estou a piques de rematar a lectura de O recendo das mimosas. Quédanme os dous do remate. Noto, en moitos relatos a presenza flotante do narrador primeirizo. Igual é miraxe, aínda que esa sospeita se basea en cuestións estilísticas… hoxe, na escrita, o estilo é do menos tido en conta, para algúns case un estorbo. […]

Roberto Varela e as mentiras de LVG

Posted: Xoves, Setembro 24th, 2009 @ 10:27 a.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

Ou como o executivo feixoano resulta moito máis caro que o do bipartito. Para empezar, hailles que regalar libros. Nin teñen a suficiente aquela para matricularse nunha “galiña azul”. E podiamos agora argumentar os cartos gastados no das galescolas-galiña azul, ou no asunto do contradecreto. Mais hoxe queremos pararnos en Cultura e no Roberto Varela, […]

Amador e Delmiro, mestres

Posted: Mércores, Setembro 23rd, 2009 @ 10:12 a.m. in VARIA NATURA | Comentarios desactivados en Amador e Delmiro, mestres

Andaban sempre xuntos. Para todos lados, festas e funerais. Con parada para mollar a palleta e pedir o libro das corenta follas. O irmán máis pequeno, Emilio, e o máis vello, Xabier, contra os dous do medio, Amador e Delmiro. Estar con eles era para min a festa máis grande do mundo, saboreaba cada minuto, […]

literatura e lectura como acto político

Posted: Martes, Setembro 22nd, 2009 @ 9:51 a.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en literatura e lectura como acto político

Mentres escomenzaba a ler O recendo das mimosas, nin o pensei.  Antes, no parte das dúas, tiven novas razóns para sentir reavivada a preocupación, con ese canto da  Radio Galega, Crónica Das Dúas, ese canto ás boas relacións entre RAG e Xunta. Ala, xa estamos, calquera se fía da RAG, moitas veces semella que só […]

a alucinación paranoide do ppetimetre mentiroso

Posted: Luns, Setembro 21st, 2009 @ 10:53 a.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a alucinación paranoide do ppetimetre mentiroso

Hai que tomalo como se duns malos debuxos animado se tratara. Non lembro ningún Conselleiro de Educación que en tan pouco tempo lograra ter TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA máis que cabreada coa súa xestión. Velaquí o único logro que en verdade se pode anotr na conta do Xavier Vázquez ese, non coñezo que ( en […]