ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Outubro, 2009

sobre a Gripe A e a manipualación, informe

Posted: Sábado, Outubro 31st, 2009 @ 12:53 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

Despois de vivir a alarma da gripe aviaria e o da porcina, este ano decidín que a Gripe A non me ía amargar as vacacións. Pero as vacacións xa pasaron. Velaquí un vídeo moi clarificador: [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/gKwk8Kq8QXA” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Agora póñanse cómodos. Esta monxa está dando moito que falar. Pillen flocos de millo, […]

que pasa cos clubs de lectura?

Posted: Venres, Outubro 30th, 2009 @ 11:26 a.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en que pasa cos clubs de lectura?

Non o tiñan difícil, os do PP, para superar, en materia educativa, o feito no bipartito. Porén, máis negados imposíbel. O único que fixeron a dereitas foi suprimir aquel alugueiro de libros, que pedagoxicamente era moi discutíbel, como nesta Ferradura temos exposto. O bipartito topouse con que, miratí, eramos un potencia niso dos clubs de […]

lectura, en política e poesía ( e Dieste )

Posted: Xoves, Outubro 29th, 2009 @ 11:09 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en lectura, en política e poesía ( e Dieste )

A discusión, nunha CCP, era porque non sei que directiva ou can que lle ladre seica mandaba-recomendaba que “as instrucións” non se expresaran de forma negativa. Non se poderán empregar/ter teléfonos móbiles na aula. Por exemplo. Deume gana de rir. Contívenme. Expliquei aos alí reunidos que non todo segmento lingüístico encabezado por NON é negativo. […]

perplexidades (e máis aforística de Dieste)

Posted: Mércores, Outubro 28th, 2009 @ 11:21 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en perplexidades (e máis aforística de Dieste)

Aínda que nolo queiran facer crer. Baixar os soldos de deputados e altos cargos, nun 3%, como xesto solidario coa sociedade…non é tal…ou si mais ao revés: un xesto de insolidariedade supina. Calquera alto cargo que queira recuperar eses cartos , e inclusive máis, abóndalle con ir a dúas ou tres comisións máis, ou mirar […]

a ideoloxía da fetidez ou a involución progresista neocon de marca

Posted: Martes, Outubro 27th, 2009 @ 11:42 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a ideoloxía da fetidez ou a involución progresista neocon de marca

Probado que na Quintana non houbo agresión, e si provocación e moi malas maneiras por parte do cámara – inclusive para con quen só quería axudalo. Queda por saber se o cámara seguía instrucións ao provocar, cousa ben posíbel e agardábel, ou foi exteriorización da pouca educación que mamou ou soubo asimilar. Tampouco esquecemos a […]

lixivia e medias

Posted: Luns, Outubro 26th, 2009 @ 11:10 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

Depurar os media é unha urxencia para a democracia. Actualmente sérvense da escusa de realizaren un servizo público ( insubstituíbel, segundo eles). Cando en realidade están ao servizo de intereses privados, tantas veces mal levados precisamente coa información universal e veraz. A onde imos con semellante hipocrisía? Recentes son o caso da cobertura por parte […]

de como se me iniciou a consciencia política

Posted: Domingo, Outubro 25th, 2009 @ 11:36 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA, VARIA NATURA | Comentarios desactivados en de como se me iniciou a consciencia política

Non morrera aínda Franco, pouco había faltar para que lle caeran de vez os dentes. Por como lembro aquel día domingo de sol, o que conto debeu acontecer polo mes de setembro. Convidados a probar carne de veado, alá iamos  meu pai e mais eu cara a El Pardo. O taxista, un home de moi […]

feísmo; hipocrisía; fetidez; LVG; televisión, manipulación; e mestizaxe arquitectónica

Posted: Sábado, Outubro 24th, 2009 @ 10:38 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en feísmo; hipocrisía; fetidez; LVG; televisión, manipulación; e mestizaxe arquitectónica

A palabra fetidez aparecía no título da anotación de onte. Hoxe, feísmo e hipocrisía. Algunha vez haberá que botar contas. Logo da morte do ditador, que partido político se distinguiu máis en luxar e poñer en perigo a democracia? A resposta, obvia: o Partido Popular. O nivel de hipocresía do PP aínda descoñecemos a que […]

da fetidez de Feixó e LVG, ao vigor da cultura

Posted: Venres, Outubro 23rd, 2009 @ 10:28 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en da fetidez de Feixó e LVG, ao vigor da cultura

Vai aboiando a podremia do PP, é lei física. Crerá  Feixó O Atrasador, Mr. Habichuelo, que non nos percatamos? De veras pensará que imos crer iso de que escolleu o día 20-10 para pór en marcha o reloxo porque simula o ano xacobeo? Como afeitos estamos a ler entre liñas, esta Ferradura non traga. De […]

do lixo (CLR e CRTVG) a grande aforística de Dieste ( en Rosa Aneiros)

Posted: Xoves, Outubro 22nd, 2009 @ 10:18 a.m. in Sen clasificar | 3 Comments »

Non o vin senón neste vídeo. Carlos Luís Rodríguez sempre foi un francotirador verbal que, como xornalista,  sempre me produciu un teso noxo. Non fai xornalismo, adícase a metrerse con todo o que non sexa PP ou ultradereita. Lelo, e renunciar de seguido a que exista cordura ou ecuanimidade no ser humano, vén sendo automático. […]