ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

despois da manifestación do 18 de outubro

Filed under: CARA ADIANTE,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 19 Outubro 2009 @ 10:24 a.m.

Entrevistado por Galicia-Hoxe, Pascual Serrano (ou a loita contra a desinformación no estado español) declaraba:

– Que pensas dos medios de comunicación en Galicia?

Se te refires ós privados, a prensa rexional galega en castelán é similar á do resto do estado, quizais algunha máis importancia á información internacional, conscientes do factor da emigración galega no exterior, o que tamén supón un rumbo ideolóxico a favor dos intereses dese grupo social na súa liña informativa. En canto á prensa en galego observei un fenómeno curioso. Renunciar ó castelán e optar polo galego supón romper co criterio comercial que esixiría non deixar o castelán. Unha vez dado ese salto, sen pretendelo quizais, atópanse en mellores condicións para afrontar os seus contidos con criterios máis independentes do mercado e máis plurais. De modo que descubrín que a autoafirmación dunha lingua terminou acompañada dunha maior autonomía para a selección dos contidos.

Como nunca dubidei diso, agradezo, e ben, que desde fóra mo ratifiquen.

Para quen necesite aínda convencerse, lean, non han cansar.

LVGLa Opinión, Faro, El Correo Gallego

La Región

Contrasten con Público

El País, como sempre querendo dar outra imaxe mais, como sempre, sen mollarse, parece a crónica de As Sanlucas

El Progreso, tamén sememlla quere ser outra cousa, foron os que máis tardaron en sacar a información, polo menos vén en galego

Estiven ali. Sei o que foi. Curioso, a información de Público resulta, en menos espazo, bastante máis avanzada que a dos anteriores, onde só LR ( enfrontada como está a LVG) descarreiraba minimamente.

Se un quere información que se atinxa máis ao veraz que aos prexuízos:  Galicia -Hoxe, Xornal, Vieiros , (reparen ben na foto da pancarta de LVG, amplíena se for preciso),  e A Nosa Terra.

A Marea Galega está en marcha. Cada día somos máis. Sido pensando que é unha mágoa que as xentes de A Coruña e Ferrol, de Vigo e Pontevera, de Lugo e Ourense, teñan que coñecer o que foi a manifestación de onte a través de páxinas tan pouco críbeis, ou de micrófonos e pantallas tan antigalegos como os da CRTVG. ( Un detalle, da TVE, unha hora antes de empezar xa estaban alí. da CRTVG só vin un micrófono medio agachado). Mágoa que coruñese, ferroláns, vigueses, pontevedreses, ourensáns, lucenses…non sintan, ao vivo e en directo, a forza da Marea Galega.

Cheguei cedo, como sempre. Cando sentín tocar a tropa de Luís O Caruncho, comecei a me animar. No percorrido, as bágoas loitaban por asomar aos meus ollos. Fun descolgándome, coma sempre, para estar máis tempo en contacto coa forza da Marea, cos meus irmáns. Tiven ocasión de saudar a moita xente, lembro a Vázquez Pintor, Antón Riveiro Coello, Ana Acuña, Xabier Docampo…

Un mozo canataba.” Onde estás, Gloria Lago?; Gloria Lago, onde estás?” Informada a Comunidade da Ferradura (visto que sten manifrestado sentir amor polo galego, non podía ser menos). E atopámola. Vaia se a atopamos. Continúen a ler.

Tiña moita curiosidade por saber que dirían os da CRTVG. Xa conducindo escoitei as impresións do Anxo Exterminador, en nome da Xunta de Feixó o Atrasador. Lamentábel, que se a política lingüística do bipartito foi vista como impositiva ( por quen?, por LVG?), e caralladiñas así.  Nada de respectar os manifestantes. Palabras vorazmente belixerantes, no parte das 3. Está facendo historia, historia do negacionismo máis burrán!

Comentouse que xa está listo o borrador do novo decreto. Comentouse que é moito pero do imaxinado. Alguen sabe algo xa?

Desexo ferventemente que ninguén lle dirixa a palabra NUNCA MÁIS ao Anxo Exterminador. Unicamente para lembrarlle o seu infame proceder na DXPL. Non merece menos

E nós imos a máis. Terán que vir outras manis, seguro. E seremos máis. Seguro. Nós imos a máis e LVG a menos, apesar dos 445 euros que, por nós, Feixó lle vén de regalar.

Estivo moi ben o de Caamaño. A ver se aprenden a lección os medias-tintas de aquí.

Feixó quere acabar co galego. E nós temos que acabar con Feixó. E podemos, canto menos nos queira oír máis próximo está da debacle definitiva. O que el non quere oír, si que o escoita a rúa, cando menos alí po ronde pasamos. Agora aqueda non calar. Quen estivo alí debe levar o que foi a quen non estivo, de primeira man.

De primeira man vin comoa mani saía moi apretada. Vin como a Quintana estaba chea cando cheguei. Vin como a xente quedaba por Praterías deica o Toural. Como xurdiu a proposta de marchar para o Obradoiro. Eu tamén fun. E despois houbo contraorde de volver á Quintana, que lle queda moi pequena a estas manifestacións. Non autorizar o Obradoiro pode levar inclusive a que ocorra, deus non o queira, algunha desgraza.

A próxima no Obradoiro.

E Gloria Lago? A Comunidade da Feradura chegou á conclusión de que resulta moi feo dubidar das palabras dos demais ( entendes, Feixó?), inclusive ofensivo; e como a Comunidade está formada por xentes moi ben criadas, a xiña colixiron que, sendo data tan singnificada para o futuro do galego,  non estando alí  e coñecidas as características de tal personalidade…só podía estar noutro lugar:  o cemiteiro, onde a inmensísima maioría fala galego, lugar moi apropiado para xente como Gloria, que nin ten corazón nin o cerebro lle responde senón con encefalograma plano….como o dos mortos.

Beizón, irmáns, por estas frozas renovadas. Somos os futuro da Galiza. Sen nós non hai futuro nin progreso nin alegría.

2 Comments

  1. Galizauberalles » Humor negro (so apto para xente curtida):

    […] http://xmeyre.blogaliza.org/2009/10/19/despois-da-manifestacion-do-18-de-outubro/ […]

  2. duarlivre:

    Non mo podo creer, a noticia e da axencia efe en lvg,incríble, teñen sacado na portada manifestacións dunhas dúcias(lembramos queremos trabajar)como está o patio.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.