o símbolo perdido, primeiras preguntas, subliñados, e opinións
Ultrapasada fronteiras das cen primeiras páxinas, xordenme alunhas pregúntas útiles e fixen os primeiros subliñados.
Centrado, como non, no mundo do esoterismo, O símbolo perdido conta con 667, repartidas en 133 capítulos, un prólogo de 3 páxinas e un epílogo doutras tres, comeza na páxina 17 e conta con 36 liñas por páxina completa, iniciando cada capítulo pola liña 10. É algo máis que puro azar? Ata que punto? Verémolo, aínda que, polo menos os capítulos paréceme si agachan simboloxía.
Como O código Davinci, o nivel de escrita tende a cero, malia algúns esforzos, por exemplo nas descricións, porén bastante simples.
O nivel do interese, pola contra, é bastante alto, sobre todo para xentes ás que lles tire o esoterismo ou simplemente se sintan curiosidade por el. A este respecto non resulta mal divulgador. E, por suposto, para os que queiran só intriga.
FEITOS:
En 1991 depositouse un documento na caixa forte do director da
CIA. O documento aínda hoxe segue alí. O seu texto críptico
contén referencias a un antigo portal e a un lugar subterráneo
descoñecido. O documento tamén contén a frase «Está soterrado
nalgures.»
Todas as organizacións mencionadas nesta novela existen: os
francmasóns, o Colexio Invisible, a Oficina de Seguridade, o
Smithsonian Museum Support Center —Centro de Recursos do
Museo Smithsoniano (CRMS)— e o Instituto de Ciencias Noéticas.
Todos os rituais, datos científicos, obras de arte e monumentos
que aparecen nesta novela son reais (15, os fíos son cousa miña, algo de luz pódese ir tirando de aí)
…………………………………………
De Brétemas recollo este singular, alucinante e significativo recorte de LVG, a censura típica de LVG vaia acompañada dun servilismo paranoico.
…………..
………………………….
…dera un salto adiante demostrando que o «pensamento concentrado» podía afectar literalmente a todo: a taxa de crecemento das plantas, a dirección dos peixes ao andaren nun acuario, o xeito de dividírense as células nunha placa de Petri, a sincronización dos sistemas automatizados independentes e as reaccións químicas no propio corpo da persoa (83)
……………………………………..
De feito, a busca espiritual máis antiga do home foi a percepción do seu propio entrelazamento, sentir a súa propia interconexión con todas as cousas (86)
………………….
A teoría das supercordas era un recentísimo modelo cosmolóxico. Baseado nas últimas observacións científicas propuña que o universo multidimensional non estaba constituído por tres, senón por dez dimensións que interactuaban todas como unhas cordas vibrantes, algo parecido ás cordas dun violín (87)
………………………………
Alucino con Darío, ALUCINO, viume co Símbolo perdido, renunciou a Harry Potter e púxose co Código Davinci e está moi ilusionado, cos seus 10 aniños.
Non hai comentarios
Aínda non hai comentarios.
Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI
Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.