ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Decembro, 2009

comeza o glotocidio do contradecreto señorito

Posted: Xoves, Decembro 31st, 2009 @ 12:39 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA | 2 Comments »

Despois de non querer oír a voz da rúa. Despois de non querer escoitar opinións, abondas opinións, de profesionais do ensino e intreresados ( que somos todos , ollo). Un triste señorito, un triste aspirante a señorito, en realidade un frustrado aspirante a señorito, que nesta Ferradura apelidei Anxo Exterminador. E que ficou na sombra, […]

liquidación por reformas

Posted: Mércores, Decembro 30th, 2009 @ 12:28 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 4 Comments »

A ver, que van sendo horas, cando lle colocan tal etiqueta a estas  festas. Que, como festas que son, merecen un respecto. Algo que as alonxe do triste espectáculo en que deviñeron. Consumismo en estado puro. Aínda peor. Consumismo en estado puro, rifas para o espectáculo da pobreza. Decidín non facer os libros de reis. […]

extracto da directiva de política lingüística do PP

Posted: Martes, Decembro 29th, 2009 @ 12:32 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en extracto da directiva de política lingüística do PP

Aproxímase a data do contradecretazo. E, polo visto, todo vai ser como parece. Ter un sociolingüista da DXPL non serve de nada, porque é un estómago agradecido. Este tío, o Anxo Exterminador, débese crer Deus, ou un mago prestidixitador ou algo polo estilo. A primeira consecuencia será a perda completa da transmisión da lingua ás […]

o PP como narrador

Posted: Luns, Decembro 28th, 2009 @ 1:03 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o PP como narrador

Os temas que nos xuntaron, hai un semana, a redor da lereira que era un forno reconvertido: Para que escribimos? Para que clase de lectores escribimos? A importancia da masa lectora na literatura galega. Onde está a esencia do “literario”? Literatura de ideas ou literatura de entretemento. A fronteira entre o literario e o extraliterario. […]

co flamenco, ao ceo (de España, que non existe )

Posted: Domingo, Decembro 27th, 2009 @ 12:46 p.m. in CARA ADIANTE, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en co flamenco, ao ceo (de España, que non existe )

Unha das cousas que sempre odiei destas datas é o bombardeo de flamenco que as diveras televisións dispoñen. Case é imposíbel atopar unha cadea na que, nos saraos habilitados para estas datas, non se ache unha salientada dose de flamenco. O primeiro que incomoda é o feito de que eu non poida relacionarme libremente coa […]

sete palabras, subliñados

Posted: Sábado, Decembro 26th, 2009 @ 12:21 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en sete palabras, subliñados

Cómo non caeras na conta antes. Aquel debía ser o teu próximo libro, escribir libros é a túa maneira de coñecer as cousas (18) ……………………….. Sentiches a necesidade de investgar algo sobre el (20) ……………………….. Os analfabertos non comprenden o significado de todas as palabras, só saben o seu sentido oculto (39. Eis un subliñado […]

unhas risas…

Posted: Venres, Decembro 25th, 2009 @ 1:45 a.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en unhas risas…

Nestas festas síntome especialmente incómodo, teño un mundo contra elas, mais non será iso quen me impida expresar, a tod@s @s transitador@s desta Ferradura letresca en partcular e tod@s @s galeg@s de bon corazón e conciencia limpa, os meus mellores e máis fondos desexos de ventura e boandanza. E velaí unhas risas para alegrar a […]

memoria histórica individual: de Toro, por Suso

Posted: Xoves, Decembro 24th, 2009 @ 11:56 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en memoria histórica individual: de Toro, por Suso

Esta semana estou lendo a última de Suso de Toro, aquí poden ler un adianto. Extractos dunha entrevista: –É o mellor libro que escribín. Se Tic-Tac era unha visión moi descarnada da vida, este o desdice, é unha visión máis reconciliada, máis serena. É o relato dunha investigación e ten moito de maxia. É un […]

denuncia: rouban a Historia en Agolada, SOS

Posted: Mércores, Decembro 23rd, 2009 @ 11:32 a.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en denuncia: rouban a Historia en Agolada, SOS

Unha dos recintos feirais  mellor conservados da Galiza é o de Agolada. Non hai ano que non pasee por alí, indo de pé feito, unha ou dúas veces. En Compostela sentes a Historia, sobre todo a Historia das clases acomodadas. Se queres sentir a Historia da xente de a pé, entón tes que ir ao […]

abran os paraugas: pancracio celdrán, planeta, e a merda que sae da boca

Posted: Martes, Decembro 22nd, 2009 @ 12:34 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en abran os paraugas: pancracio celdrán, planeta, e a merda que sae da boca

Comezou hai séculos, a moda de insultar o(s) galego(s), e non ten visos de parar. Desta volta, como non, Planeta dá á luz outro libro que abre a boca para golfar fel sobre nós; non é a primeira vez, non. Neste caso non se pode dicir que a boca pola que sae a merda sexa […]