ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

abran os paraugas: pancracio celdrán, planeta, e a merda que sae da boca

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 22 Decembro 2009 @ 12:34 p.m.

Comezou hai séculos, a moda de insultar o(s) galego(s), e non ten visos de parar. Desta volta, como non, Planeta dá á luz outro libro que abre a boca para golfar fel sobre nós; non é a primeira vez, non.

Neste caso non se pode dicir que a boca pola que sae a merda sexa un cu carente de formación curricular. Nin sequera se trata dun aproveitado que quere facer caixa co que sexa. Non. A cousa é bastante máis grave.

Neste caso, pancracio celdrán ( a minúscula é propositada ) é todo un estudoso do insulto. Nin creo que se trate dun esquezo. Nin resulta admisíbel de se queira non violentar o decurso da Historia.

Claro, ti podes ser todo o culto que se queira, que por iso non estás libre de rexer o teu comportamento por prexuízos e odios que non entenden de razón. É o que pasa.

“La cultura oral no es repetición de creencias y costumbres, sino asunción de la historia común y voluntad colectiva de no olvidar”

Son palabras propio celdrán. Que non se restrinxe á faciana oral, serven para explicar cultura sen adxectivos.

Polo cal debemos entender que o tipo se insire na corrente vexatoria creada no Século de Ouro castelán; é dicir na etapa máis virulenta de militancia cultural antigalega, esa que chega xusto coa “Doma e castración” que trouxeron a Raíña Porca e o Rei Exemplo de Maldade que nos libros aparece como príncipe.

el insulto es una defensa hecha mediante un ataque verbal

Está claro que este home é un claro defensor do insulto. Neste caso, ademais, é útil lembrar que esa enxurrada antigalega defecada polo centralismo castelán…nace dun complexo de inferioridade moi asentado na cultura propia cultura castelá ( Ca ovo en Galizzia leyes antes que en Castiella reyes), que emerxe das tebras da Idade Media, dunha Idade Media na cal estiveron a metade do tempo baixo a bota árabe da que nós nos ceibamos axiña para dar a luz unha cultura moi superior á castelá; mentres os árabes os dominaron, obrigáronos a deixarnos en paz, e ese foi un extraordinario momento de explendor da cultura galega…un exemplo luminoso na Europa…e  eles nin eran nada…De aí ese sentimento de inferioridade mentado, do cal nacen os golpes que nos queren esmagar.

Tomei as palabras celdranas de aquí.

E tampouco compre esquecer que o insultador é un divulgador do castelán, un dos principais, quizá o máis coñecido, pola súa actividade radiofónica.

“Para insultar non hay lengua como el castellano”

Tamén son palabras celdranas.

Pois vaia mérito, señor ppetimetre. Eu para a miña lingua desexo que sexa unha lingua de amor, unha lingua comprensiva, cantareira e alegre, vizosa e verde coma e esperanza, unha lingua repleta de augas e morriñas, cousas así…

E non esqueza, cabaleirete que ben o sabe, que as linguas todas son perfectamentes capaces do improperio máis groseiro e merdento. Todas. Porque ese improperio nace da vontade do falante ( e ben sabemos cal é aa súa)

Se quixer entender que “as linguas son o instrumento que nos permite coñecer a realidade” e por iso o castelán é tan bo para o insulto…Pois eu voulle dicir que quedo, e moi ufano, cos cualificativos que para a miña lingua apliquei…Xa sabe, polo mesmo que antes comentei, porque o que dicimos revela a nosa vontade.




Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.