ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

denuncia: rouban a Historia en Agolada, SOS

Filed under: Sen clasificar — 23 Decembro 2009 @ 11:32 a.m.

Unha dos recintos feirais  mellor conservados da Galiza é o de Agolada. Non hai ano que non pasee por alí, indo de pé feito, unha ou dúas veces. En Compostela sentes a Historia, sobre todo a Historia das clases acomodadas. Se queres sentir a Historia da xente de a pé, entón tes que ir ao Pendellos de Agolada. Mirade, na foto deste enlace,

Agora comparade con esta, unha das que me manda Pintor.

pendellos

Isto é roubar a Historia. Algo parecido pasou en Chantada. Aquí tiraron os propios pendellos. E HOXE ESTANOS VOLVENDO RECOSNTRUÍR, iso si, con pedra prefabricada, de deseño lle chamo eu. A ver se aprenderan. Xa está ben, xa abonda de destruír o noso patrimonio histórico…substituíndoo por pedra co glamour da máquina mais desprovista  do sabor da Historia, ese sabor solidario que nace do esforzo anónimo e honrado, desprovista das pegadas que as pedras foron gardando e eran as pegadas da xente traballadora que non puidemos coñecer e nos foron marcando o camiño.

Sen elas, todos somos máis  pobres. Os inútiles destrúen unha fonte de riqueza pola mala conciencia de non saber aproveitala e de paso darlle catro pesetas a unha empresa amiga, fano por pura vinganza. Xogan co patrimonio de todos, por mal corazón e peor vontade, por burramia conxénita!

Non sei quen é o responsábel deste ROUBO. Intúo que é o PP, máis concretamente a deputación do ultra Louzán, non creo que o concello cometera semellante atrocidade, aínda que posibelmente haxa algún tipo de connivencia. Son suposicións, só atopei esta noticia que vén confirmar o que estou escribindo. Carallo, unha cousa é que non sexan partidarios de recuperar a Memoria Mistórica, natural: teñen pouca vergoña e moito que tapar. Pero polo menos que non a rouben tan descaradamente!!

Para notas solidarias e achegas deixáronme este enderezo: erdao@hotmail.com.

Non podemos nin debemos quedar parados. Diante deste ROUBO fai oír a túa voz.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.