ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

memoria histórica individual: de Toro, por Suso

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA — 24 Decembro 2009 @ 11:56 a.m.

Esta semana estou lendo a última de Suso de Toro, aquí poden ler un adianto.

Extractos dunha entrevista:

É o mellor libro que escribín. Se Tic-Tac era unha visión moi descarnada da vida, este o desdice, é unha visión máis reconciliada, máis serena. É o relato dunha investigación e ten moito de maxia. É un conto máxico con misterio, por iso ía chamarse así. Nunca disfrutei tanto escribindo un libro e iso percíbese na lectura.

……………….

Fixen un traballo que penso que é moi ambicioso cun material moi humilde, moi simple, e o que saíu foi un relato de misterio que funciona literariamente, por iso creo que é o mellor libro que escribín.

………………

(…)ten unha parte de investigación, ten algo de narración de misterio e fantasmas, algo de libro de viaxes, algo de antropoloxía e moito de reflexión sobre a literatura e o que é ser escritor, sobre o poder da literatura para cambiar a vida, porque a min o libro serviume para axustar contas comigo mesmo.

————–

A pregunta orixinal foi ‘quen son eu’. Nun momento dado da vida pareime a pensar que non sei de onde veño. A todos ocúltansenos aspectos da vida familiar e desaparecen personaxes e eu sentín que tiña un vacío. De quen descendo, quen son?, era a pregunta. Fun con curiosidade e humildade ás fontes a través da busca dun avó e atopei unha historia que é moi parecida á de calquer europeo: a emigración, a guerra, o exilio, a fame… Porque a pobreza é o grande estigma. A maior parte das familias, no fondo, vimos da pobreza.

A entrevista enteira.

Boto man deses extractos con alegría e estrañeza, moita estrañeza.

Levo lida a metade da novela. Tematicamente responde ao salientado final, o que máis comparto. Tamén é certo o penúltimo, mais nese ter algo de todo fica coas mans baldeiras. Algo ten, bastante pouco.O que máis: novela de viaxes. A ela responde bastante ben, o resto son toques, acenos, imprecisos, inconsistentes, pouco convencidos.

O segundo salientado só o entendo desde esa faciana-teima, que moitos autores teñen, de vendedor da propia obra. Non atopo que o relato de misterio funcione literariamente. Agardaría que funcionara a secas, sen cualificación. E non o fai, mediada a novela non o fai senón moi timidamente. O carácter” literario”….ben: un texto non é “literario” simplemente por estar escrito. Na obra anterior o carácter literario agachábase no traballo coa historia relatada, aquí nin iso.

Puido ser o mellor libro que escribiu, puido. Eu opino ao revés. Paréceme un proxecto e rrado xa desde a propia estratexia narrativa, que funciona para el mais non para o  lector, que non disfruta na mesma medida ca el.

Conto? Igual o problema está aí. Sen dúbida funcionaría mellor como conto que como novela, obrigaríao a tensionar mellor o relato.

A miña intención, de momento, é encarar a crítica desde a perspectiva anunciada no título desta anotación: a procura da memoria histórica individual.

A quen máis interesará: aos que se sintan atraídos por saber a orixe dos De Toro.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.