ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

sete palabras, subliñados

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA — 26 Decembro 2009 @ 12:21 p.m.

Cómo non caeras na conta antes. Aquel debía ser o teu próximo libro, escribir libros é a túa maneira de coñecer as cousas (18)

………………………..

Sentiches a necesidade de investgar algo sobre el (20)

………………………..

Os analfabertos non comprenden o significado de todas as palabras, só saben o seu sentido oculto (39. Eis un subliñado que merece reflexión fonda, entre a ironía e…)

……………………….
Todo ti es literatura, en todo buscas o mito, non che abonda o  que tes diante, tes que buscarlle a volta literaria. Coma se en vez de vida vivises filmes (49. Outro tanto digo para este. Repárese na identificación literatura:vida:filme. E que a redacción do primeiro punto non está moi traballada)

………………………

Tamén ti es un perosnaxe dun relato: un escritor investiga ao seu avó (65)

………………………

Debes levar contigo un virus pois veste rodeado de literatura (79. Xa comentei a cerca dos acenos)

……………………..

un exorcismo da vida do teu avó (105)

…………………….

Literatura, sempre literatura, ese é o teu modo de estetizara  vida, de imprentala, de darlle intensidade dramática e lírica (131. Boto a faltar nesta novela calquera tipo de intensidade)

……………………

Tamén reparas en que usa o anglicismo “p.m.” (227. De anglicismo non ten nada, que eu saiba é de orixe latina)

……………………

Por certo. Primeiramente pensei que estaban de máis as 40 primeiras páxinas, non lles vía xustificación narrativa. Despois as 143 primeiras páxinas. Desde a chegada a Formariz, o relato cobra meirande interese, é un chisco máis intenso mais non se pode dicir que a intriga medre. Moi cruel? Quédanme unhas sesenta paxinas, lereinas hoxe. Desexaría que esas sesenta páxinas ofreceran unha explicación convincente do escaso interese das 140 primeiras páxinas, que resultaran redimensionadas. Desexaría, non son moi optimista ao respecto.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.