ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

co flamenco, ao ceo (de España, que non existe )

Filed under: CARA ADIANTE,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 27 Decembro 2009 @ 12:46 p.m.

Unha das cousas que sempre odiei destas datas é o bombardeo de flamenco que as diveras televisións dispoñen. Case é imposíbel atopar unha cadea na que, nos saraos habilitados para estas datas, non se ache unha salientada dose de flamenco. O primeiro que incomoda é o feito de que eu non poida relacionarme libremente coa cultuta andaluza, que en si no ten nada de malo; seguro que me había compracer moito máis de non ser ese filto político que me impide relacionarme con normalidade con esa cultura. Que non ten nada de malo, repito. O único malo é ese fitro político, do que non son culpábel eu e a miña ideoloxía nacionalista, nin moito menos. A culpábel é a ideoloxía nacionalista española, ela é a que se interpón e distorsiona as miñas relacións coa cultura andaluza.

Como?, diran os fachas.

Pois porque Castela é, sempre foi, un pobo acomplexado. Castela é quen inventa España. Porque lle chamo acomplexado? Pois, a ver, o normal sería que reclamara para o folclore castelán todo o protagonismo que lle está concedendo ao flamenco. E non o fai. O nacionalismo castelán-español erixiuno ( o flamenco  e non só, que tamén os touros) en imaxe do “español” como premio á submisión andaluza e como arma para subxugar as demais culturas, para exterminalas definitivamente.

Castela-España, é o único que sabe facer, nin sequera se reivindica a si mesma, o único que sabe facer é afogar aos demais. Pobre Castela-España!

Desde que o PP accedeu ao poder a súa teima é desgaleguizar. A súa única filosofía política é desgaleguizar. E, de paso, facer negocio, vender Galiza e a súa forza productiva aos intereses casteláns.

Como é posíbel isto e que a xente non se decate?

Si que nos decatamos, si. E por iso os que nos decatamos nos definimos como nacionalistas.

Do resto, pois miratí, outros fan negocio impoñéndonos unha realidade virtual na cal non existe tal proceso desgaleguizador…senón que a desgaleguización só é consecuencia lóxica.

+dos factores e forzas históricos que fan grande España

+da propia evolución da sociedade moderna (ou capitalista)

E  reafirmámonos na demostrada crenza

de que preferimos ser orgullosamente pequenos

a sentirnos partícipes dun  nacionalismo español-castelán que nace cun acusado complexo de inferioridade ( Galiza é o primeiro reino da Idade Media; Castela pouco ou nada foi en toda a Idade Media; os poderosos eramos os do norte, e os do sur eran os inimigos) e segue manifestándose desde el

Paradigmaticamente, o progreso de Castela, no nacionalismo españolo-castelán, só se entende desde a ruína das periferias. E nós, na Galiza,  somos máis doadamente aniquilábeis que Euskadi ou Cataluña, que gozan dunha riqueza bastante superior á nosa.

Paradigmaticamente é, o castelán-español, un nacionalismo á contra, negativista. E nada bon pode saír de tanto negativismo, de tanta contra.

Téñoo moi claro. No ceo, eu non agardo que toquen e canten por soleares. O flamenco non me vai levar ao ceo. Se o hai. E se o hai non agardo outra cousa que o son dunha gaita e o ar dun alalá. Se non hai ceo, tamén teño moi claro porque non o hai: porque unha panda de envexosos e outra de mentiráns ( todos adoradores do peto cheo) se empeñaron en facer deste paraíso un inferno

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.