ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

o PP como narrador

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 28 Decembro 2009 @ 1:03 p.m.

Os temas que nos xuntaron, hai un semana, a redor da lereira que era un forno reconvertido:

Para que escribimos?

Para que clase de lectores escribimos? A importancia da masa lectora na literatura galega.

Onde está a esencia do “literario”?
Literatura de ideas ou literatura de entretemento. A fronteira entre o literario e o extraliterario.

Existe unha masa lectora galega nova, allea á literatura de ideas? Se existe, qué elementos a definen?

Algo derivado diso xa fun subindo a esta Ferradura. E máis cousas subirei, seguro. Porén hoxe propoño un xogo, un xogo serio que titulo como esta anotación. Teño discutido moito con Sulema sobre isto, que a ela, e sei que a máis xente, a escandaliza. Como podes ser tan frívolo de analizar a vida como se fora unha novela? Estas discusións encántanme, confeso. A vida é unha narración igual que o é unha novela. A diferenza está en que na narración da vida tamén participa quen a analiza. A diferenza fundamental. A que non se debe esquecer

Casos como o comentado de Xesús Vázquez non nos pillan por sorpresa. Vén sendo marca  da casa a continua “falta de tacto” do PP. Leo a felicitación de Nadal do inefábel ppetimetre Xesús Vázquez. A postaliña leva un pé: “Diseño realizado polo Centro de Educación Especial Miño en Velle – Ourense” Non me vou parar xa na horripilante redacción. Só nese salientado. Tan burro é que non sabe como se di deseño en galego? Non ho ! E coa requitropa asesoril de que dispón, xa me dirán! Iso está feito a posta. É pertinente a queixa polo desleixo lingüístico (nun conselleiro de Educación!). Mais por riba de todo iso, ou a carón, e por iso, penso na omnipresente queixa do PP de que o  tratan mal, que non hai consideración co seu ideario  e se descualifica por deporte. Iso si, esixir respecto é algo que os entusiasma.Vamos, vén sendo da escola “fai o que che digo e non o que me vexas facer” ou nin sequera iso. A súa hipocrisía non coñece límites, sendo un partido político tremendamente nocivo (para unha democracia na que non cren e contra a que loitan) mesmo se reclaman garantes seus. Hipocrisía e arrogancia.

O PP é o partido do aborrecemento. Obedece, cala e non te queixes.

Resúltame difícil imaxinar as razóns que tería a xente para votar polo PP na Ribeira Sacra. Aquí ou en calquera lado, PP é sinónimo de pobreza. Fagamos resumo: O PP hipotecounos os ríos, hipotecounos o ar, róubanos o mar, dános cambiazocoas pedras, afóganos a lingua.

Nestas, nin podemos contar coa fidelidade e apoio socialista. PSOE, PP, que máis ten?

Nestas, é para tolear, mais non se lle ocorra, meu, a sanidade xa sabe como está

Nestas, que insensat@ votou polo PP?

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.