ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

extracto da directiva de política lingüística do PP

Filed under: EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 29 Decembro 2009 @ 12:32 p.m.

Aproxímase a data do contradecretazo.

E, polo visto, todo vai ser como parece. Ter un sociolingüista da DXPL non serve de nada, porque é un estómago agradecido.

Este tío, o Anxo Exterminador, débese crer Deus, ou un mago prestidixitador ou algo polo estilo.

A primeira consecuencia será a perda completa da transmisión da lingua ás camadas máis novas. Os pais delegaron, fixeron deixación e delgaron no ensino para ese cometido. Agora, o ensino devólvelles a pelota para que ninguén o transmita. Só nos resta agardar a milagre: que os pais decidan a prol do galego. E moito me temo que iso non vai suceder, nada convida a pensar así. E aínda que sucedera non sería mérito do Anxo Exterminador, para nada. O único mérito deste ppetimetre é apandar coas directrices lingüísticas do PP, e, seguíndoas, elaborar literatura legalísatica dándolle amparo a esas ideas.

E cales é ese ideario lingüístico?

Non é difícil de adiviñar. Nin sequera cómpre adiviñalo. Está escrito e flota no ambiente. Responde ás esixecias de GB. É dicir, o Anxo exterminador aínda nos quere convencer de que seguir esas esixencias é bon para o galego. Que GB, ao fin e ao cabo, non é un disparate e teñen a súa razón. Vamos, receitar ao enfermo outra dose do mal que padece é o remedio que diagnostica o Anxo Exterminador.

E despois aínda ha saír o outro ppetimetre, dicindo que aínda puido ser peor

Por certo, velaí teñen un extracto da política lingüística que abrazou o Anxo Exterminador, ese ppetimetre, estómago agardecido, que sabe moi ben que a política lingüística é poítica…mais quérenos facer tragar que el é capaz de facer política lingüística á marxe da orientación política que manda.

Como o PP di, non ten nada de malo ser galego, non, agás o de galego. Porque se se é galego non se é español. Pura doutrina franquista. Seguramente o Anxo Exterminador estudouna e sábea un dos infundios que máis dano fixeron e fan ao galego. Sabe, máis achanta, estómago agradecido. Noutro tempo pedinlle que marchara, dimite xa. Agora tanto ten, marcharía despois de facerlles o traballo, traballo no que tampouco matou a cabeciña, por certo.

Mañá, todos ao Obradoiro, de 17 a 18 horas

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.